Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Guillerme Vázquez participou na manifestación

Milleiros de persoas en defensa das caixas de aforro

Sociedade 13/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

"Galiza ten dereito, en defensa do aforro, do emprego e do pais". Con ese lema celebrouse en Santiago de Compostela este mediodia unha manifestación convocada polo BNG e a CIG en contra da bancarización de Novacaixagalicia e defendendo o mantenemento do carácter social e do vencellamento co territorio da entidade financeira. Participaron arredor de 5.000 persoas, segundo os promotores."Ter unha caixa de aforro en Galicia é fundamental para as empresas e ás familias nestes momentos de crise" manifestou o secretario xeral da CIG Xesús Seixo. Na mesma dirección manifestouse o voceiro do BNG Guillerme Vázquez quen salientou que "os gobernos teñen que modificar as actuais políticas económicas e defender os sistemas produtivos".


Carlos Taibo: “Para evitar o colapso do sistema económico temos que decrecer”

Sociedade 01/03/2011
  Envía a túa opinión

Facer medrar as cifras económicas, reactivar o consumo ou aumentar a produción son algunhas das obsesións dos dirixentes que procuran vías para saír da actual crise, pero o profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid, o galego Carlos Taibo, aposta polo todo o contrario. Segundo argumentou nos micrófonos de Radiofusiòn, ante o “colapso cara ao que camiña o sistema” a única alternativa consiste en esquecerse de crecer e marcarse como meta decrecer.


O secretario xeral da CIG explicou nos micrófonos de Radiofusión os motivos da folga

Suso Seixo (CIG): “O Goberno estalle a entregar á banca o negocio das pensións”

Sociedade 26/01/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Goberno practica o “servilismo”. Comisións Obreiras e UGT actúan “dende o entreguismo”. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, non aforra críticas nas horas previas á primeira folga xeral que se celebra en Galicia convocada por tan só un dos principais sindicatos, pero que si contará co apoio doutras organizacións como a CNT-Galicia ou o Sindicato Labrego Galego e partidos políticos como o BNG e Esquerda Unida. A central nacionalista chama á mobilización contra a reforma do sistema de pensións que o Goberno vai aprobar este venres, haxa ou non acordo cos sindicatos de base estatal. Seixo explicou en Radiofusión que o adiamento da idade de xubilación e o aumento do tempo que cómpre computar para o cálculo da pensión “baséanse na mentira e na manipulación dos datos, debuxan un escenario de mínimos e son froito das presión da banca sobre o Goberno para facerse co negocio das pensións públicas, que son un sistema saneado en con boas perspectivas de futuro”, afirma.


Imaxe da campaña

Radiofusión e Médicos sen Fronteiras impulsan en Galicia a campaña Pastillas contra a dór allea

Sociedade 21/01/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Radiofusión e a organización médico-humanitaria Médicos sen Fronteiras veñen de chegar a un acordo para impulsar en Galicia a campaña Pastillas contra a dór allea. En función dese acordo, Radiofusión gravou en lingua galega o anuncio da iniciativa. Ademais emitirá nos vindeiros meses o anuncio nas súas emisións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros