Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Samantha Fox: dúas razóns máis para amar os 80

“Los mejores años de nuestra vida” (TVE, 22 h.)

Cultura 03/02/2009
  Envía a túa opinión

Debe ser cousa desa mudanza da audiencia máis nova que fuxe da pantalla do televisor cara a do ordenador, que un dos argumentos á alza na grella catódica é a nostalxia pura e dura, unha chantaxe emocional para captar aos espectadores máis veteranos. Iso, xunto a necesidade de aforrar e tirar de imaxes de arquivo en troques de producir outras novas, deben de ser os motivos de que nazan programas como “Los mejores años de nuestra vida canción e canción”, o novo ‘show’ da noite dos martes en Televisión Española.


"Contacto sangriento" (La Sexta, 22.15 h.)

Cultura 03/02/2009
  Envía a túa opinión

Abaixo, diagonal abaixo-dereita e dereita son instrucións que toda unha xeración levamos gravadas a lume na punta dos dedos. Facendo esa combinación e premendo o botón de puñada, Ryu e Ken facía o ‘hadouken’, algo así como a onda vital de Son Goku, no “Street Fighter II”, a máquina recreativa que máis mortes de cerdiño-hucha provocou e máis contas aforro xuvenís dilapidou nos recreos de instituto. O xogo das trompadas chegou a ser unha obsesión adolescente que axudou a elevar aos altares un clásico do cine de acción que esta noite rescata La Sexta.


"De fosa en fosa" (La 2, 22 h.)

Sociedade 02/02/2009
  Envía a túa opinión

Os lugares exóticos non existen só nos recantos máis agochados de Asia o nalgún punto inexplorado do xigantesco continente americano. Exótico pode ser calquera lugar do que non saibamos nada e descubramos algo con sorpresa. Tan exóticos poden ser os Ancares como Kuala Lumpur, Teruel como Groenlandia ou mesmo eu, que son do máis normaliño do mundo, podería resultar un fenómeno doutro mundo se asomo a miña testa por un aldea esquimal: se cadra me consideran a confirmación da existencia do “Yeti”. Pois ben: para min sempre foi exótico Eslovaquia.


"Comando actualidad" (TVE, 22.55 h.)

Sociedade 30/01/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

A natureza dos animais en relación ás persoas ten provocado non poucos debates, mesmo teolóxicos. A Igrexa tenta responder á cuestión de se os nosos conxéneres salvaxes posúen un alma análoga á nosa, e non hai neno con mascota que non lle teña preguntado aos seus pais se hai un ceo para os gatiños ou os cadeliños. Dende o momento en que sabemos que se lle pode querer máis a un can que a unha persoa (e falo de agarimo, non de nada que teña que ver con Ricky Martin e os botes de confitura) procuramos respostas para saber como manexarnos con animais que, en troques de pernas, gastan patas. Unha cousa si sabemos, esas patas poden ser divinas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros