Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

"Copa do Rei: Barcelona-Espanyol" (Telecinco, 21.30 h.)

Deportes 29/01/2009
  Envía a túa opinión

Pasarán os anos e no gran muro das frases para a historia, alí canda as dúbidas metafísicas de Platón ou Descartes, estará o xenio sintético de Boskov, veterano adestrador que resumiu o misterio que axita a paixón que máis xente move no mundo despois do sexo: o fútbol. Fútbol é fútbol, dixo o técnico e aínda hoxe non houbo quen lle quitase a razón. Pero os que sexan algo afeccioados ao balompé saben que non todo o fútbol é a mesma cousa. Para os que aínda procuran unha definición canónica do xogo, unha verdade sobre a cousa en cuestión á maneira en que o dicionario da Real Academia pretende describirnos o mundo en poucas palabras, teñen a ocasión de calmar o seu desexo de coñecemento esta noite en Telecinco: xoga o Barcelona de Guardiola, que ven a ser algo así como a idea apolínea que a maioría temos dese deporte.


"Acusados" (Telecinco, 22.15 h.)

Sociedade 28/01/2009
  Envía a túa opinión

Se xogamos ás adiviñas e dicimos que a emisión de Telecinco desta noite trata de políticos, tribunais e corrupción, pensariamos que “La noria” programaba unha nova edición especial sobre o Caso Malaya. Erro grave. Calquera que sexa un pouco espelido daríase conta de que no cóctel de elementos falta unha folclórica ou outro personaxe da prensa rosa para que a nosa suposición fose verosímil. Nos últimos tempos somos testemuñas de cousas tan alucinantes que acaba por resultar que a ficción parece máis seria que a propia realidade ou esta máis inverosímil que as historias inventadas. Si, eses son os tempos nos que vivimos. E resulta que a estrea de Telecinco desta noite é unha nova serie de intriga xurídica, que se chama “Acusados” e que pretende ser un produto de postín.


"La caja" (Telecinco, 00.30 h.)

Sociedade 27/01/2009
  Envía a túa opinión

Porque hoxe é hoxe imos falar da caixa vermella, pero non da dos bombóns Nestlé, senón de “La caja”, a secas, que é como se titula finalmente o novo programa que insiste nesa misión máis grande que a propia vida que empurra a Telecinco a facer prospeccións na condición humana. O malo é que se a canle amiga tivese un negocio na praza de abastos sería o de casquería, porque por rabuñar un puntiño de ‘share’ aprovéitao todo, é se é víscera mellor, que resulta máis gorentosa.


"Tengo una pregunta para usted" (TVE, 22 h.)

Sociedade 26/01/2009
  Envía a túa opinión

Regresa á Televisión Española unha nova edición dun dos programas máis salientables dos últimos tempos e que serve para lembrar que unha canle pública deber ser iso e non Terelu Campus bailando o fox-trot cos Morancos en “¡Mira quién baila!”. Falamos de “Tengo una pregunta para usted” que, no actual estado das cousas, se cadra debería rebautizarse como “Vouche cantar as corenta”. Ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero non se lle pode negar valor ao someterse ao escrutinio-fusilamento, de 100 representantes da sociedade civil, ou de 100 pacientes da crise.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros