Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

''Pasapalabra'' (Telecinco, 20.15 h.)

Sociedade 23/01/2009
  Envía a túa opinión

O xornalismo é unha profesión desprestixiada e mesmo hai quen considera aos que se dedican a contar cousas no xornal uns simples “xuntaletras”. O motivo de que isto suceda pode ser ben simple: alfabetizados obrigatoriamente como estamos, enténdese que todos somos capaces de ler e de escribir, o cal, segundo algúns cranios privilexiados supón que calquera está capacitado para practicar o oficio xornalístico. Aos que se dedican profesionalmente a traballar coa linguaxe presupóñenselle habilidades especiais e un coñecemento profundo do uso da fala, pero tampouco isto non é necesariamente verdadeiro. E despois, para desbaratar calquera esperanza de redimir aos ‘plumillas’, chega un contable, un tipo que só debera entender de números, e gaña “Pasapalabra” ao demostrar que é a encarnación de María Moliner e o seu diccionario de uso do castelán.


"Gran Hermano 10" (Telecinco, 21.30 h.)

Sociedade 22/01/2009
  Envía a túa opinión

Que se pode facer con 300.000 euros? Custaríame decidir en que investilos, pero, a bote pronto, podería dicir para que serven: para evitar ter que ir a un ‘reality-show’ no que te pechan durante tres meses nunha casa para que amoses en directo as túas miserias, porque, cando entras no universo Telecinco, as virtudes xa non interesan moito. A traxedia é que a forma de gañar eses 300.000 euros consiste, por exemplo, en sobrevivir como concursante de “Gran Hermano”, que foi o que fixeron Iván, Almudena e Orlando.


"Jaque al Real Madrid" (Telecinco, 00.00 h.)

Deportes 21/01/2009
  Envía a túa opinión

Cando se fala de ti no mesmo plató polo que pasarón Roldán, a Zaldívar ou se fan disquisicións sobre quen é a última ‘choni’ que estivo no colchón do amor de Paquirrín, é que algo se revirou na túa traxectoria. Que llo digan ao Real Madrid, que esta noite sentarase como institución na cadeira que ocupan folclóricas en horas baixas e crápulas ‘latin-lover’ en “La Noria” de Telecinco.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros