“Estamos na UVI pero temos un fío de vida” Son palabras do directivo do Maniños, Alfredo Fernández. O campo do Pote foi protagonista na xornada do domingo na Primeira Autonómica de fútbol. Unha auténtica lameira influiu no partido que o Cultural Maniños sacou adiante frontre ao Deportivo Ciudad por un 3-2.
Na segunda autonómica, o Perlío caeu o domingo fronte ao Galicia de Caranza por 4-1. Un resultado abultado pero, en todo caso, froito dos "erros graves do Perlío" segundo recoñece o técnico, Juan Fernández, quen afirma que na primeira parte o Perlío foi lixeiramente superior, chegando a adiantarse no marcador. O marcador traduce os erros cometidos e o arriscar demasiado.
O Maniños por fín mudou a sorte e alzouse co trunfo onte no campo do Pote. Un campo impracticable convertíuse en decisivo. O Maniños gañou fronte ao segundo, agora terceiro clasificado, o San Tirso. Maniños 2- San Tirso 1. Adiantouse o visitante pero no minuto 20, Pelé puxo o gol do empate. O 2-1 chegou no minuto 30.
O Club de Fútbol Sala feminino Ártabras Fene celebrará o próximo domingo, 8 de febreiro, a charla: "Nutrición deportiva e triada feminina (alimentación, menstruación e lesións)”. Será na Aula da Concellería de Deportes
(Avenida Naturais, 44, Entrechán), entre as 11 e as 13 horas.