Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

The War on Drugs presentan “Wagonwheel blues”

Os discípulos máis eléctricos de Dylan chegan a Vigo

Cultura 11/03/2009
  Envía a túa opinión

Na breve e intensa historia do rock, un dos momentos capitais foi a mutación de Bob Dylan en Newport, no ano 1965. O mito de Duluth contrariou a todos os asintes ao festival folk cando asomou no escenario cunha guitarra eléctrica e rebentou con vatios e distorsión as expectativas dos que agardaban o clásico recital dun cantatutor. A lenda de Dylan multiplicouse dende ese momento, e como fans de Robert Zimmerman medraron Adam Granduciel e Kurt Vile, os fundadores de The War on Drugs, a banda de Filadelfia, que actúa ás dez e media desta noite na sala A Fábrica de Chocolate de Vigo.


Springsteen actuará o 2 de agosto no Monte do Gozo

Cobadazos virtuais para ver ao ‘Boss’

Cultura 10/03/2009
  Envía a túa opinión

Internet cambiou moitos hábitos. Modificou a maneira de comunicarnos, está a cambiar a de ler a prensa, a de acceder á música e aos contidos audiovisuais e outras moitas pequenas cousas nas que case non reparamos. Por exemplo, está asinando a defunción das billeteiras. Os tiques para os grandes espectáculos xa non se despachan nunha pequena fiestra a carón do recinto. O motivo?: que se esgotan moito antes nos despachos virtuais de entradas.


Catpeople

Paco Iglesias (Catpeople): “Aínda que non sexamos profetas na nosa terra, é un luxo volver a Galicia”

Cultura 10/03/2009
  Envía a túa opinión

A banda viguesa afincada en Barcelona, Catpeople, aterran esta semana en Galicia para presentarnos o seu segundo traballo de estudo What´s the time Mr. Wolf?. O xoves poderemos velos na Sala Capitol de Santiago acompañados de Holywater. Ao día seguinte, o venres 13, actuarán na Sala Karma de Pontevedra e ofrecerán aos asistentes un concerto especial en formato electroacústico.

 

 


Luque, sempre en claroescuro

Sr. Chinarro: eloxio da timidez

Cultura 06/03/2009
  Envía a túa opinión

“Tímidos do mundo, unídevos”, clama Antonio Luque, o Sr. Chinarro, no himno máis sobranceiro do seu último disco, “Ronroneando”, un dos máis celebrados pola crítica musical no pasado ano. Anda o sevillano de xira, vencendo esa timidez que disimula trala guitarra. El mesmo ten comentado que non é un artista ao uso, con arelas de exhibicionismo, mais a terapia musical semella que tivo efecto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros