Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Cinco temas forman o EP homónimo de Le Mot

Le mot: unha palabra para sanar

Cultura 04/03/2009
  Envía a túa opinión

Na liturxia da misa hai un verso romántico: unha palabra túa abondará para me sanar. Hai moitas cousas con propiedades curativas: a fe para os devotos; a aspirina –de cuxa patente cúmprense 110 anos esta semana- para os acatarrados; e as cancións pop para os melancólicos. Deste último medicamento ten receitas a mancheas Malela, artisticamente coñecida como Le Mot, “a palabra” en francés. Malela formou parte do Xixón Sound, o indie asturiano dos 90; cantou “parapapás” con Nosoträsh; e toca o baixo e fai os coros en Grande-Marlaska. Tamén ten cancións de seu, debedoras de Elliot Smith, Nick Drake e outros xenios da confesión sentimental rumorosa. Baixo o alcume de Le Mot preséntaas na forma dun EP, que inclúe melodías que se cantan sen abrir a boca como en “Uh uh”. 


Leão formou parte de Madredeus e Sétima Legião

O cine para os oídos de Rodrigo Leão, no Jofre de Ferrol

Cultura 03/03/2009
  Envía a túa opinión

Quen pense que un cego non pode gozar do cine é porque esquece que falamos dun arte AUDIOvisual. E cómpre salientar o da parte auditiva porque se unha imaxe vale máis que mil palabras, unha canción pode satisfacer tanto como 90 minutos de metraxe. Tal cousa debeu pensar o músico portugués Rodrigo Leão cando publicou en 2004 o álbum “Cinema”, a súa última referencia discográfica, agás o recopilatorio “O Mundo 1993-2006” que recompila o mellor do seu traballo en solitario. “Cinema” foi un dos mellores discos do ano da súa publicación, unha colección de 13 temas transidos de saudade e que poderían pasar por 13 escenas sentimentais dunha gran longametraxe, cumprindo así co que prometía o título do traballo. Planos secuencia musicais escoitaranse no Teatro Jofre de Ferrol o día 21 de marzo ás 20:30 horas, cando Leão suba ás táboas do escenario da cidade naval.


Baldosa Amarilla

Baldosa Amarilla edita “Alquimia”, un EP con ambición de directo

Cultura 03/03/2009
  Envía a túa opinión

O Porriño é o lugar de orixe de Baldosa Amarilla, un sexteto que nacía en 2006 e que o pasado ano se colaba na final do Certame de Maquetas 100 Pipers Music grazas ao seu primeiro traballo Palabra Exacta. Agora volve á actualidade cun novo EP, gravado no Océano Estudios e producido por Xavier Abreu. Seis temas que amosan a evolución da banda e o seu gusto por evadirse da realidade cotiá.

 

 


Ann publicou cinco discos en solitario dende 2000

Keren Ann: París-Texas-Compostela

Cultura 02/03/2009
  Envía a túa opinión

Da renovación da ‘chanson’ francesa a finais dos anos 90 agromou un batallón de cantantes armadas con guitarras acústicas e voces aloumiñantes. Grazas aos anuncios de Nescafé, ás pasarelas e aos romances con estadistas, Carla Bruni é o nome que ficou na memoria do gran público. Mais, a que posúe unha carreira máis consistente de entre todas elas (Françoiz Breut, Coralie Clément, Camille, etc.) é a israelí-holandesa-francesa Keren Ann. Da man do ubicuo Benjamin Biolay, que podería pasar polo Gainsbourg desta xeración, Ann lanzouse co grupo Shelby e a seguir cunha carreira en solitario que nos últimos tempos xirou a cabeza do Sena ao Misisipi. Poderase comprobar en Santiago de Compostela, onde actúa o 29 de marzo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros