Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Ann publicou cinco discos en solitario dende 2000

Keren Ann: París-Texas-Compostela

Cultura 02/03/2009
  Envía a túa opinión

Da renovación da ‘chanson’ francesa a finais dos anos 90 agromou un batallón de cantantes armadas con guitarras acústicas e voces aloumiñantes. Grazas aos anuncios de Nescafé, ás pasarelas e aos romances con estadistas, Carla Bruni é o nome que ficou na memoria do gran público. Mais, a que posúe unha carreira máis consistente de entre todas elas (Françoiz Breut, Coralie Clément, Camille, etc.) é a israelí-holandesa-francesa Keren Ann. Da man do ubicuo Benjamin Biolay, que podería pasar polo Gainsbourg desta xeración, Ann lanzouse co grupo Shelby e a seguir cunha carreira en solitario que nos últimos tempos xirou a cabeza do Sena ao Misisipi. Poderase comprobar en Santiago de Compostela, onde actúa o 29 de marzo.


“Un día en el mundo” foi o disco revelación de 2008

Arzúa degustará o queixo e o mellor pop estatal

Cultura 27/02/2009
  Envía a túa opinión

A mellor canción en galego do último ano chámase “Rumores de Falúas” e chega, voga que te voga, no disco “Eterno navegar” de Uxía. Así o decidiron os criticos que veñen de conceder os premios da Academia da Música. Claro que o trunfo de Uxía e do resto de premiados parece pouca cousa a carón do éxito do sexteto madrileño Vetusta Morla.


“Wolfgang Amadeus Phoenix” sae o 25 de maio

Phoenix adiantan o novo do seu pop de luxo versallesco

Cultura 26/02/2009
  Envía a túa opinión

De factura luxosa e detallista como os salóns do pazo de Versalles, a cidade francesa da que proceden, así é a música de Phoenix. O cuarteto galo presentará o día 25 de maio o seu novo traballo de título evocador: “Wolfgang Amadeus Phoenix”. A referencia a Mozart lembra a actuación da banda como músicos de época na longametraxe “Marie Antoniette” de Sofia Coppola. A filla do director de “Apocalypse Now” é parella de Thomas Mars, cantante de Phoenix, pero o conxunto volve a ser actualidade fóra da prensa rosa e dentro da musical. Veñen de subir de balde a internet o single de adianto do novo álbum. O tema, que resume en tres minutos as características da súa música, chámase “1901”.


As mellores novas arpistas escocesas

The Duplets tocan árbores de cordas

Cultura 24/02/2009
  Envía a túa opinión

A arpa está de moda. Dende que Joanna Newson se convertise hai un par de anos na musa do panorama alternativo co seu disco “Y’s”, no que musitaba fábulas en compaña do seu instrumento de corda, o complexo instrumento que máis parece a ferramenta dunha tecedora que un obxecto musical está no radar dos oíntes curiosos. The Duplets son o último expoñente arpista na música popular.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros