Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Exhibición de loita tradicional galega

“A Cambadela” recupera a loita tradicional galega

Deportes 15/04/2009
  Envía a túa opinión

A loita tradicional galega, un enfrontamento corpo a corpo no que a habilidade manda máis que a forza. Un xogo no século XIX e un deporte no XXI, ou polo menos iso é o que pretenden conseguir desde o Club de Loita Tradicional Galega "A Cambadela", radicado no ximnasio Shaolin da Estrada, que está a traballar en prol da súa recuperación.


Chano Rodríguez, o mellor nadador galego de todos os tempos

“Chano” Rodríguez, medalla de ouro ao mérito deportivo

Deportes 14/04/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O nadador galego, Sebastián Rodríguez Veloso, máis coñecido como “Chano”, recibirá a medalla de ouro ao mérito deportivo o vindeiro 22 de abril. Chano está considerado o mellor nadador paralímpico do mundo grazas ás oito medallas de ouro, dúas de prata e tres de bronce acadadas nestes Xogos.

 


Ximnastas do Flic Flac no campionato galego

Nove ouros e dúas pratas para o Flic Flac no campionato galego

Deportes 13/04/2009
  Envía a túa opinión

O club vigués Flic Flac fíxose con nove medallas de ouro e dúas de prata no V Campionato Galego de Ximnasia Acrobática que se celebrou esta fin de semana na cidade olívica. O Flic Flac foi ademais o organizador deste evento xunto coa Federación Galega de Ximnasia.


Portada de “Historia social do deporte en Galicia”

Modernidade e arraigamento do deporte viñeron da man en Galicia

Deportes 08/04/2009
  Envía a túa opinión

Achegarse ás orixes do deporte en Galicia e ao desenvolvemento das prácticas deportivas xa é posible grazas á obra “Historia social do deporte en Galicia 1850-1920”, publicada pola Editorial Galaxia e escrita polo doutor en Historia Contemporánea, Andrés Domínguez Almansa. O arraigamento das prácticas deportivas como unha forma de cultura cívica é o obxecto desta indagación histórica. Alén do rastrexo e reconstrución das actividades deportivas, Domínguez Almansa atende moi especialmente ao deporte como valor social e como historia, como forma dunha sociedade moderna, que tamén se organiza dun novo xeito, alentada por novos valores, sobre novos hábitos e que orixina ademais novas pautas e ámbitos de sociabilidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros