Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O millo corvo caracterízase pola súa cor negra

O millo corvo: realidades sementadas e soños colleitados

Sociedade 30/03/2009
  Envía a túa opinión

Para colleitar soños, hai que sementar realidades”. Este é o lema da Asociación Cultural Meiro, do Concello de Bueu, dedicada a recuperar o millo corvo. Partindo do cultivo tradicional desta variedade de cereal, o colectivo está realizar diversos proxectos a prol do patrimonio cultural, etnográfico, medio ambiental e gastronómico. O éxito destas iniciativas púidose comprobar esta fin de semana. Milleiros de persoas déronse cita no Encontro Degustación do Millo Corvo, un evento que o programa Onda Rural utilizou como escusa para coñecer mellor o produto e os proxectos postos en marcha arredor del.


Cartel do evento

Friol homenaxea ao seu queixo e Bueu recupera o seu millo

Sociedade 27/03/2009
  Envía a túa opinión

O millo corvo de Bueu, o pan de Ousá e o queixo de Friol son tres dos produtos que mellor conservan a tradición agroalimentaria galega, xa que basean a súa calidade na pervivencia do saber facer de moitas xeracións. O calendario festeiro ofrécenos esta fin de semana dúas cita para comprobalo de primeira man. Friol acolle o domingo a XVII Feira do Queixo e Pan de Ousá, da que falou nos micrófonos de Radiofusión a concelleira de Cultura, María Isabel García. En Bueu, pola súa banda, celebran o Encontro Degustación do Millo Corvo, cuxo programa repasou a presidenta da Asociación Cultural Meiro, Victoria Martínez.


Cartel do evento

Celébranse en Ourense as III Xornadas de Agroecoloxía

Sociedade 26/03/2009
  Envía a túa opinión

Ourense está a acoller as súas III Xornadas de Agroecoloxía. A cita, que se desenvolve ata o vindeiro luns, está organiza polos colectivos A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia. Un dos impulsores do evento, David Bruzos, explicou nos micrófonos de Radiofusión os obxectivos e o programa deste evento. As súas palabras centraron o programa Onda Rural.


Os expertos falarán sobre os cambios nos cultivos que provoca o cambio climático

A Coruña acolle un congreso sobre os efectos do cambio climático no rural

Sociedade 25/03/2009
  Envía a túa opinión

Variacións no rendemento dos cultivos, aparición de especies invasoras ou a volta de pragas e enfermidades xa erradicadas. Estas son algunhas das consecuencias que, segundo os expertos, podería ter o cambio climático en Galicia. Para analizar esas previsións de futuro e tamén co obxectivo de facer fronte aos problemas e buscar oportunidades, diversos estudosos da cuestión danse cita mañá mércores 26 na Coruña. O programa Onda Rural coñeceu de primeira man o contido desde congreso titulado Medio Rural e Cambio Climático e fixo oco ademais para informar das últimas novidades arredor da crise do sector lácteo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros