Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

Fotografia: José Gonzalvo

Moitos máis pobres

Sociedade 02/06/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A recentemente constituída Rede Galega contra a Pobreza EAPN-Galicia, que aglutina a 10 entidades galegas implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión social, alertou hoxe do aumento da situación de pobreza en infancia e sobre todo no caso das familias numerosas galegas a causa da crise. Moitas persoas atopanse afectadas polo deterioro económico, segundo sinalan dende a Rede.


Uvas de viño en Redondela. Fotografia J.Botana (flickr)

O albariño, premiado en Michigan

Sociedade 20/05/2009
  Envía a túa opinión

O viño de Galicia, especialmente o branco, segue a colleitar triunfos no exterior. Unha especialidade de Albariño, da denominación de orixe Rias Baixas, logrou unha medalla de ouro no certame celebrado en Michigan, nos Estados Unidos. Reforzase así a necesidade dunha promoción conxunta no exterior para chegar a novos mercados, opinan os especialistas.


A II Festa do Kiwi celébrase o vindeiro fin de semana

Tomiño sabe a kiwi

Sociedade 05/05/2009
  Envía a túa opinión

Dous kiwis pequenos conteñen máis vitamina C que unha laranxa. Esta froita presenta importantes concentracións de fibra, potasio e vitamina E. O seu sabor doce e agradable convirtea nun ingrediente importante para unha dieta saudable, sobre todo para os pequenos e pequenas. En Tomiño (Pontevedra) celébrase a vindeira fin de semana a II Festa do Kiwi. Esperan superar os 10.000 visitantes da edición do 2008.


Fotografía: Pablo Venegas

A riqueza gastronómica de Galicia

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

A empresa Conservas Portomuíños, da vila coruñesa de Cambre, especialízase en comercializar produtos mariños que o consumidor medio galego de cote toma por refugallos. Faino dende hai tempo coas algas e verduras de mar e agora vén de conquerir o éxito no Salón do Gourmet co seu paté de fígado de rape, un elemento do peixe que na cociña galega se desbota pero que en mercados como o xaponés ten a consideración de delicatessen.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros