Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

O senador Xosé Manuel Pérez Bouza

O Senado falou na lingua galega

Cultura 18/01/2011
  Envía a túa opinión

A lingua galega, o euskera e o catalá estiveron presentes este mércores no pleno do Senado por primeira vez na historia, nunha sesión na que se activaron os servizos de tradución simultánea nun clima de normalidade. O senador de Entesa Ramón Aleu iniciou o turno facendo uso da potestade que lle otorga o novo Regulamento. Tamén falaron nas súas linguas, o senador balear Pere Torres, a do PNV Loren Leanizabarrutia, o de CiU Ramón Alturo, o do PSOE Joan Cardona e o do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza. Os senadores do PP fixeron un uso mínimo da tradución simultánea e aplaudiron á súa representante cando lembrou que o castelán é a lingua na que se entende "todo o mundo".


Jad Salman

A Fundación Araguaney estrea galería coa primeira mostra dun artista palestino en Galicia

Cultura 09/01/2011
  Envía a túa opinión

O vindeiro xoves día 13 a Galería Fundación Araguaney-Ponte de Culturas inaugurará a exposición do novo artista palestino Jad Salman. Esta mostra, titulada Jad Salman, dos espazos inconscientes, serve de pistoletazo de saída a un novo proxecto destinado a promocionar a arte emerxente árabe e latinoamericana. Esta galería nace co obxectivo de servir de plataforma de difusión a aqueles creadores mozos que atopan serias dificultades para expor, promocionar e vender as súas obras no noso país.


Ramón Máiz: “O bipartito cometeu o erro de relegar o discurso, a dimensión mobilizadora da política”

Sociedade 29/12/2010
  Envía a túa opinión

Tendo en conta a súa capacidade de creación e transformación da orde existente, a política debería ser considerada unha arte. Pénsao así o catedrático de Ciencias Políticas Ramón Máiz, quen, ao contrario do que se adoita dicir, matiza que ten que ser “a arte do imposible”. Cunha obra con ese título fíxose co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.


Moitos contratos de investigadores rematan a finais de ano

A consolidación do traballo investigador

Sociedade 26/12/2010
  Envía a túa opinión

Os investigadores nas universidades galegas reciben agasallos con veleno nestas datas festivas. Co remate do ano vencen tamén os contratos vinculados a bolsas para a investigación académica. Este luns día 27 rematan os programas que levan o nome da oceanógrafa ferrolá Ánxeles Alvariño, e os beneficiarios e opositores a esas prazas non saben aínda se haberá concurso ou se vai renovar a dotación para elas. Co cambio de ano acaban os contratos de seis investigadores na Universidade da Coruña, dous na de Santiago e oito na de Vigo. É xusto agora cando a Xunta do PP dá por periclitado  o Plan Incite do bipartito e o substituie polo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento que vai investir 200 millóns nesas materias en 2011 e 1.200 até o ano 2015.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros