Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Facendo xirar a roda

“El documental de La 2: Comprar, tirar, comprar” (La 2, 23 h.)

Sociedade 20/04/2012
  Envía a túa opinión

Tal e como vai o mundo, isto non queda elegante dicilo, pero hai que ser honesto: eu non creo que puidera vivir nunha sociedade que non fose vorazmente consumista. Nin milito na Escola de Chicago nin lle declarei a guerra ao altermundismo, pero para o meu equilibro mental as cousas estaban ben como estaban até que colapsaron: mercar algo, estragalo axiña, repoñelo. Ese debe ser o funcionamento da vida para que a tipos indecisos por natureza como a min non lles rebente a cabeza. Son de tan sinxelo contento que detesto tomar decisións, así que festexo esa obsolescencia programada que tanto exaspera ao común da xente. 


Non son tan vellos e non morren

“Tourilandia: Heredeiros da Crus” (TVG, 22:10 h.)

Cultura 19/04/2012
  Envía a túa opinión

Segundo o dicionario da Real Academia Galega, alcumado “o tardón”, a escatoloxía é a parte da teoloxía que estuda o destino final do home e do mundo, ou tamén un escrito ou tratado sobre os excrementos. Así as cousas, a diverxencia musical entre o emo e o punk é unha cuestión escatolóxica: uns non teñen reparo en amolar coas pompas fúnebres e aos outros non lles doen prendas en cantarlle á merda. Uns son un produto da angustia adolescente, e os outros manteñen unha infantil falla de prexuízos. Cando nenos, as rimas escatolóxicas na súa segunda acepción dan moita risa. Aprendendo eu a tocar a guitarra, compuxen canda o meu curmán algunha obra digna dun Xil Vicio e dun Xanciño Podre, duns mitos punk galegos. E porque non teimamos, que talvez hoxe seríamos nós os que herdaron a crus.


Desahogaos

“La noche de Carmina” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 18/04/2012
  Envía a túa opinión

Se me preguntasen que tres cousas levaría a unha illa deserta, case con total certeza diría que El Pai, El Chuli e El Cabra. Non só a illa deixaría de ser deserta, senón que ademais contaría cun coro de palmeiros arredor en constante disposición de livin' la vida loca para poder aturar a falla de estímulos nun lugar afastado do mundo. E porque non podo levar catro cousas, que senón xa metiamos no lote a Pepe el Marismeño e aquí paz e despois Marbella. Se o que nos aprenderon as crónicas rosas é certo, o máis semellante a Keith Richards ou Amy Winehouse que deu en levar carné de identidade español foi Carmina Ordóñez, a súa vida unha tómbola de luz, cor e toxicidade, e os seus repousos, retiros espirituais en Marrakech, baixándose ao mouro pero con estilo e na portada do “¡Hola!”. Ela, o verdadeiro rock'n'roll; nós, uns “desahogaos”.


-“Repsol, andáte a joder a Praga, ché!”

“Españoles en el mundo: Praga” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 17/04/2012
  Envía a túa opinión

A Patagonia. A Patagonia como concepto, como a nova Fisterra, como un estremo do mundo que reborda do mapa, como un misterio, como o máis lonxe que podemos ir sen foguete espacial, como o destino ao que fuxían Mortadelo e Filemón perseguidos polo Superintendente e o Profesor Bacterio segundo o titular do xornal que se podía ler na última viñeta da obra de Ibáñez. A Patagonia tamén como conflito, como lugar frío que conxela o sorriso paspán de Rajoy e do presidente de Repsol, e que fai crocar a capa de maquillaxe gótica de Cristina Fernández de Kirchner. A Patagonia, envolvida con papel de fumar, collida con pinzas, descartada da programación de Televisión Española de maneira sorprendente para non salpementar a ferida aberta entre España e Arxentina. A Patagonia, alehop!, transformada en Praga.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros