O Perlío matematicamente xa non pode lograr a segunda posición que daría dereito á promoción de ascenso á Primeira Galicia de fútbol. Xa non se xoga nada nos tres partidos que quedan da liga, pero quere recuperar a ilusión e manter a tensión para iniciar con bó pé a competición de Copa, tras o tropezo de onte domingo. Moeche 4 – 2 Perlío.
Lualé 114 sortea un vale de artigos deportivos de 75 euros entre as persoas seguidoras do fútbol de Fene.
¿Cómo participar?
1. Ser seguidor da páxina Fenestra Radiofene
2. Compartir ou comentar os videos de fútbol de Fene que todas as semanas se suben á paxina Fenestra Radiofene. Prazo ata o 6 de maio
Consulta as bases legais aquí:
A Concellería de Deportes de Fene organiza, conxuntamente coa Escola “Javi Gómez Noya” e o Club Triatlón Ferrol, o terceiro Duatlón Escolar de Fene, proba federada pertencente á Federación Galega de Triatlón que coincide este ano coa Final Provincial de Duatlón Escolar do programa Xogade. A proba terá lugar este domingo 15 de abril, a partir das 11 da mañá, con saída e meta a carón do pavillón polideportivo de San Valentín. Ao redor de 250 rapaces/as participarán mañá na Final Provincial de Duatlón Escolar Xogade. Os/as participantes realizarán un percorrido polo Paseo Marítimo de San Valentín, Avda do Mar, rúa Tellerías e Camiño do Regueiro.
O Numancia de Ares – Barallobre xogase este domingo no campo do Pote de Maniños. A auga de dias atrás derrubou o muro do campo de Prados Vellos en Ares e iso motivou o traslado previa solicitude e autorización do Cultural Maniños. Xogaráse o partido o domingo ás cinco da tarde. Dirixe o encontro Pablo Bustabad. O adestrador do Barallobre Victor López espera un partido complicado. O Maniños visita ao Cebarca e o Perlío visita ao Moeche.