Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018

Programas > Efecto Dinamo

Información do programa Novas do programa

A forza do vento cobre un 13% da demanda enerxética do Estado

Sociedade 20/05/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A enerxía eólica cobre o 13% da demanda existente no Estado, o que significa que un edificio de cada dez utiliza enerxía que provén do vento. Porén, existe un dato aínda máis revelador: a eólica supón o 20% da capacidade enerxética do noso país, fronte ao 5% que representa na Unión Europea. Cifras coma estas analízanse nunha nova entrega do espazo radiofónico Efecto Dinamo..


As placas fotovoltaicas: unha alternativa enerxética sostible e rendible

Sociedade 13/05/2010
  Envía a túa opinión

Os paneis fotovoltaicos centran a nova entrega do espazo radiofónico Efecto Dinamo. O programa afondará nestes dispositivos formados por un conxunto de celas que producen electricidade a partir da luz solar. Trátase dun método respectuoso co medio e asemade, din os expertos, é o sistema máis económico e rendible.


Vías para loitar conta a “chatarra electrónica”

Sociedade 06/05/2010
  Envía a túa opinión

Os ritmos de produción e consumo tecnolóxicos provocan que na actualidade xeremos unha gran cantidade de residuos electrónicos. Computadores, teléfonos móbiles, televisores, consolas de videoxogos, lavadoras e demais equipamentos non poden tirarse a un colector normal. Estes aparellos conteñen sustancias tóxicas e perigosas que precisan dun tratamento especial, tal como se explica no espazo Efecto Dinamo.


As cifras indican que cada vez dependemos máis da electricidade

O consumo de enerxía dos fogares medra nun 4,5% no primeiro trimestre do ano

Sociedade 29/04/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

No primeiro trimestre de 2010 os fogares españois consumiron un 4,5% que no mesmo período do ano anterior. Cifras coma estas exporanse na undécima entrega do Espazo Dinamo dedicada as vías de aforro enerxético. Escoitaranse neste espazo radiofónico as voces de ecoloxistas e investigadores universitarios e daranse a coñecer distintos proxectos pioneiros na materia.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros