Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Videoxogos e tecnoloxía

Información do programa Novas do programa

Os videoxogos úsanse para o tratamento da ambliopía

O uso controlado dos videoxogos pode axudar no tratamento do ollo vago

Sociedade 18/12/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

En contra de toda lóxica, o hábito dos videoxogos non prexudica a visión dos nenos, senón que mesmo pode favorecer a un mellor desenvolvemento da mesma, manifestan desde o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia. Chegadas estas datas do Nadal e coa visita de Papá Noel e os Reis Meigos, os pais prepáranse para escoller os agasallos dos seus fillos, quen en moitos casos optan polos videoxogos. Os optometristas galegos indican que estes xogos de última xeración poden axudar no aumento da concentración, xa que o xogador debe estar moi atento ao que ocorre no xogo para non perder. Ademais, agudizará os reflexos e, sobre todo, a coordinación ollo-man que será máis rápida. En canto ao aspecto visual, mellora a sensibilidade ao contraste (a capacidade de percibir lixeiras variacións dun ton a outro ou leves variacións de luminosidade), favorece a que o xogador teña unha memoria visual espacial máis completa e que perciba con máis rapidez os estímulos visuais. Todo isto vese favorecido cos xogos de última xeración que cada vez incorporan gráficos máis realistas, tanto polas imaxes como polos movementos dos obxectos que ven en pantalla.


Infamous 2

Infamous 2, un xogo de alta voltaxe

Sociedade 04/07/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Este xogo é a coñecida secuela do enredo que saiu ao mercado hai dous anos: Infamous, título que no seu tempo foi oscurecido por obras mestras coma  sonUncharted 2 ou Killzone 2.


1.200 xovenes inscritos e 6.000 participantes, balanzo do Xuventude Galicia.Net

Remata a Xuventude Galicia.Net

Sociedade 17/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A XII edición de Xuventude Galicia Net pechou hoxe as súas portas cunha alta participación tanto na Lan Party como na programación aberta ao público. As actividades ligadas á formación, que este ano constituíron a gran novidade do maior encontro tecnolóxico da Comunidade autónoma, tamén acadaron un gran éxito, segundo salienta a Xunta de Galicia nun comunicado.


Soldado helghast

A Killzone 3, unha das grandes bazas de Sony

Sociedade 24/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Killzone 3,  unha das grandes bazas de Sony e a súa PS3 chegou este 23 de Febreiro as tendas. Sony presentanos xunto a Guerrilla Games un excepcional shooter en primeira persoa. Unha historia divertida e un online magnifico fan deste xogo un dos grandes lanzamentos deste ano para PS3.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros