Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

A aceituna subindo polas cintas transportadoras cara ás tolvas da almazara As Pontis

A claridade e os aromas do aceite

Sociedade 20/10/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

“Dentro de la claridad del aceite y sus aromas, indican tu libertad, la libertad de tus lomas”. Miguel Hernández, coa súa poesía gababa os aceites, as oliveiras e aos aceituneiros. A mediados de outubro, comeza o tempo da recollida da aceituna manzanilla cacereña, en Estremadura, nos  pobos que utilizan a fala.


Residuos no río Baa, enviada por Bétula

Molláronse polos ríos

Sociedade 29/09/2014
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Máis de catrocentas persoas retiran perto de dez toneladas de residuos na VII Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos. Aínda que con ameaza de trebóns nalgunhas zonas de Galiza para esta fin de semana, fomos novamente moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VII Limpeza simultánea de ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.


Ethel Vázquez e Virxinia Rodríguez, na firma do convenio

Acordo polos nosos ríos

Sociedade 17/07/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Xunta e ADEGA anovan o convenio de colaboración para seguir desenvolvendo o Proxecto Ríos. 10 anos, 3 lexislaturas con diferentes governos e centos de voluntarios/as por todo o país avalan o Proxecto Ríos, a iniciativa de voluntariado ambiental e custodia fluvial máis numerosa e extendida na Galiza. Máis de 3000 persoas están implicadas no coidado dos nosos ríos.


Limpeza guiada por ADEGA

O voluntariado mobilízase para limpar as praias

Sociedade 30/05/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

ADEGA convoca por terceiro ano consecutivo a limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Un referente que xa nos anos anteriores conseguiu que centos de persoas participaran nesta actividade de denuncia e de voluntariado ambiental. A día de hoxe están programadas máis de 25 limpezas que terán lugar o próximo fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño en toda Galiza grazas ao compromiso de numerosas persoas, conmemorando o día dos Océanos, o domingo 8.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros