Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Patio de butacas

Información do programa Novas do programa

Luis Tosar

“El desconocido” deixa boas sensacións no espectador

Sociedade 08/10/2015
  Envía a túa opinión

Con moi boas sensacións sae o espectador de ver a película “El desconocido”. Un excelente traballo do elenco de actores capitaneados por Luis Tosar e Javier Gutiérrez, planea sobre o fermoso escenario que configuran as rúas da Coruña. O director Dani de la Torre domina a posta en escea dunha película voraz, dun bó cine de acción.


Un dos espectáculos de Chévere

Chévere logra o Premio de Teatro 2014 do Ministerio de Cultura

Sociedade 26/11/2014
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

A compañia galega de teatro Chévere recibiu o Premio Nacional de Teatro 2014, dotado con 30.000 euros polo Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música dependente do Ministerio de Cultura. O xurado valorou especialmente a "coherente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes do teatro documento e na transgresión de xéneros" e tamén a súa "vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica", destacando os seus últimos espectáculos: Citizen, Eurozone e Ultranoite no País dos Ananos.


Escea de El coloquio de los perros.

Els Joglars presentan o último espectáculo en A Coruña

Sociedade 02/10/2013
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Despois de 'Retablo de las Maravillas' e 'En un lugar de Manhattan' ELS JOGLARS presenta a terceira entrega da súa triloxía cervantina: 'El Coloquio de los Perros'. O sabado 12 de outubro ás 20,30 no Teatro Colón da Coruña. Con El Coloquio de los perros formulan ao público unha reflexión sobre a liberdade a través da risa e da ironía. Valéndose do saber dos dous cans protagonistas, a obra fala da condición e da miseria humana.


O director austríaco

Amour, de Haneke, mellor película de fala non inglesa

Sociedade 25/02/2013
 36 comentario/s - Envía a túa opinión

Amour, de Michael Haneke, leva o Óscar 2013 á mellor película de fala non inglesa. O filme do austríaco é unha película precisa, arriscada, que concentra a fraxilidade do ser humano nunha parella de anciáns que afrontan como poden a enfermidade dela (impresionante o traballo de Emmanuelle Riva).

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros