Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O xabarín é unha das pezas máis desexadas

Quén nos protexe dos cazadores?

Sociedade 21/11/2013
  Envía a túa opinión

Dende hai anos, SGHN ten amosado reiteradamente a súa preocupación pola seguridade para todas as persoas durante o exercicio da caza. E con razón, pois tendo en conta os días hábiles para a caza ao ano, en 2012-13 a taxa de vítimas mortais durante o exercicio da caza en Galicia (2 mortos/ano sobre un colectivo duns 50.000 cazadores) é semellante ou maior que a debida a accidentes de tráfico (5,35 mortos/ano por cada 50.000 conductores; segundo datos da DGT). A SGHN demanda á Xunta a obrigatoriedade de sinalizar axeitadamente a realización de batidas con munición de bala alí onde se leven a cabo.


Cea-maridaxe en Kyoto

33 adegas da D.O. Rías Baixas están exportando a Xapón

Sociedade 11/11/2013
  Envía a túa opinión

A D.O. Rías Baixas protagoniza tres actividades en Kyoto e Osaka. Prescriptores xaponeses descobren as grandes posibilidades destes viños. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas celebrou a finais da pasada semana tres actividades en Xapón, dirixidas ao prescriptor nipón, nas que participaron dez marcas desta denominación.


Mina de Corcoesto

Ou Mina de Corcoesto ou paro

Sociedade 13/03/2013
  Envía a túa opinión

O grupo popular defende que a Mina de Corcoesto "pode ser unha solución moi válida a curto e medio prazo para paliar o problema do paro na comarca de Bergantiños". O deputado do PP, Aurelio Núñez,  recordou que a declaración de impacto ambiental “foi feita con todo rigor, tras a solicitude de informe a múltiples organismos, así como a colectivos ecoloxistas”.


Inicíase a precampaña de loita contra os incendios

A Xunta reforza con fixos discontinuos a prevención do lume

Sociedade 01/03/2013
  Envía a túa opinión

Máis de 600 persoas incorpóranse hoxe como fixos discontínuos ao operativo da Xunta para a loita contra o lume. Este colectivo profesional da Consellería do Medio Rural e do Mar súmase ao operativo todos os anos nestas datas previas á tempada de maior risco, que coincide co verán. O persoal propio da Xunta que integra o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF) sitúase nos 1.500 profesionais. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou en Castro de Rei unha das zonas nas que se están a desenvolver os labores de prevención que realizan.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros