Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Encontros co Patrimonio

Información do programa Novas do programa

A Deputación de Lugo musealizou a maxestosa vivenda

O Pazo de Tor abre as portas da nobreza a todos os galegos

Cultura 10/10/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Ergueito sobre un outeiro que domina o val de Lemos, está un dos mellores exemplos das máis maxestosas entre as vivendas galegas: os pazos. En terras de Monforte, na parroquia de San Xoán de Tor, as pegadas da liñaxe dos Garza, unha familia do século XIV, consérvanse na estrutura edificada tempo despois, no século XVIII, e que resistíu ás tropas de Napoleón para darlle abeiro, década tras década, aos seus sucesivos propietarios. Mais sempre hai unha curva no camiño. E a do Pazo de Tor chegou hai ben pouco. Cando a sucesión de herdeiros deste fantástico inmoble, un dos mellores exemplos da arquitectura pacega en Galicia, ía rematar, a derradeira dona das chaves decidíu que aquelas portas non ían ficar clausuradas.


Vista da Torre de San Paio de Narla

Unha atalaia para outear a Idade Media dende Friol

Sociedade 12/09/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Con queixo e pan de ousá nunha enorme faldriqueira, aproximámonos a unha longa sombra que domina a terra de Friol. A ruta xacobea atravesa este territorio polo Camiño do Norte. Nunha lomba ao carón do río Narla está o noso destino. A Torre de San Paio de Narla é unha das grandes construcións civís do medievo galego, paisaxe dun dos episodios máis novelados da nosa historia, o dos Irmandiños. Forte aínda malia o paso dos séculos e os danos padecidos, reinventouse como un dos Museos da Rede Provincial. A torre de Xiá en Friol é unha atalia dende a que outearmos a Idade Media en Galicia.


Fachada exterior do Museo Provincial de Lugo

O gran museo crecente de Lugo e Galicia

Cultura 05/09/2014
 18 comentario/s - Envía a túa opinión

É un depósito de historia que xa escribíu a súa propia. Oitenta anos contemplan o Museo Provincial de Lugo, creado pola Deputación para reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense. Ao cabo, o propio museo acabaría por converterse non só en escenario, senón tamén en protagonista, xa que conta coa declaración de Ben de Interese Cultural. É este un deses casos no que o continente non desmerece o contido, pois no obrigado crecemento das instalacións ao longo dos anos non se desaproveitaron as oportunidades arquitectónicas que dan aínda maior relevo ás coleccións do interior. Dende a memoria de Lugo que se perde en obxectos rescatados do esquecemento ata a Galicia contemporánea interpretada polos seus creadores caben no Museo Provincial. En Encontros co Patrimonio camiñamos de oído polas súas salas coa axuda da propia directora do Museo, Aurelia Balseiro.

1 -2 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros