Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > A biblioteca infinda

Información do programa Novas do programa

María Xosé Queizán con Anxos García Fonte en Radiofusión

María Xosé Queizán, Voz de Liberdade 2011

Cultura 16/11/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha das fundadoras do movemento feminista en Galicia, María Xosé Queizán, obtivo este ano o Premio "Voz de Liberdade" concedido con carácter bienal polo Centro Pen de Galicia. O galardón correspondeulle na súa última edición ao historiador ourensán Marcos Valcárcel.


Margarita Ledo

Margarita Ledo: Retrato de muller con chapeu gris

Cultura 12/06/2010
  Envía a túa opinión

Margarita Ledo avanza sorrinte polo amplo recibidor da Facultade de Xornalismo. Leva botas e gabardina, moi prácticas para enfrontarse a un día pechado de auga coma o da entrevista, e na cabeza un pequeno chapeu gris de feltro, que axiña deixa enriba da mesa da sala de gravación número 1. Non necesita arranxar o pelo, mírame expectante.


Anxos García Fonte e Celia Armas

A innovación desde a creación literaria

Cultura 13/03/2010
  Envía a túa opinión

Rosalía e Dona Emilia convertéronse por dereito propio en mitos da cultura galega e a proba está en que, para referirse a elas, non fan falta nin os apelidos, como afirma Celia Armas. Tanto unha coma a outra asombran aínda hoxe pola súa agudeza para captar o cerne das grandes cuestións do seu tempo, pola súa capacidade para innovar desde a creación literaria e, por suposto, tamén por ter unha actitude vital decidida en ocupar un lugar no espazo público reservado aos varóns, características que lles valeron en vida moitos desprezos e desgustos.


Ruibal propón reflexionar sobre as relacións de amor e de poder

Rubén Ruibal, teatro para reflexionar

Sociedade 06/01/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Rubén Ruibal chega con dous libros aínda quentiños debaixo do brazo: Delimvois, estreada pola compañía Teatro A Oficina de Guimarães e dirixida por Marcos Barbosa o 23 de maio de 2009 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, e ¿Onde andas, Karl?, posta por primeira vez en escena polo grupo de 3º curso da Escola de Teatro de Narón, dirixido por Jose Prieto, o 25 de xuño de 2009. Dous textos escritos ao mesmo tempo, aínda que con moi diferente intención, segundo nos confesa o autor na entrevista.

1 -2 -3 -4 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros