Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

Entrada no campo do Pote

Remata o prazo de ofertas ao campo de futbol de Maniños

Sociedade 28/06/2016
  Envía a túa opinión

O prazo de ofertas para o remozamento do campo de futbol do Maniños nun campo de herba artificial, remata o xoves día 30 de xuño, tras a ampliación do prazo en trece días a causa dun erro detectado na redacción do proxecto. Noceda apunta que mesmo se reuna a Mesa e se determine a empresa que levará a cabo as obras, estas empezarán de inmediato para interromper o menos posible a nova temporada de fútbol.


Mañá electoral na Casa da Cultura de Fene

O Deporte na rúa e o Pincho Moruno

Sociedade 27/06/2016
  Envía a túa opinión

A XXIV edición do Día do Deporte na rúa ocupará na mañá do domingo a Avda do Tarrío, rúa de San Salvador e os arredores do Círculo de Perlío e do colexio Centieiras. Deportes para todos e todas. Iso atoparemos nas rúas de Perlío o domingo 3 de xullo Día do Deporte na Rúa. O mesmo día que a Fonte do Campo acolle unha nova edición da Festa do Pincho Moruno. E do domingo que virá ao domingo que pasou. A xornada electoral deixou ledicias e desilusións como sempre. Preguntamos Aos protagonistas hoxe en radio Fene sobre a lectura deses resultados.


Guillermo Lago, César Castro e Eduardo López

Entre a noite de San Xoan e anoite electoral

Sociedade 23/06/2016
  Envía a túa opinión

Entre duas noites importantes discurre o informativo de radio Fene do xoves 23 de xuño. A noite de San Xoan e a noite electoral. centos de cacharelas alumearán esta noite a comarca de ferrol e o pais enteiro. As sardiñadas e o churrasco serán xunto co lume o reclamo para milleiros de persoas hoxe. E as urnas vanno ser tamén o domingo, na xornada electoral. Radio Fene ofreceralles o domingo ás 8,30 unha Tertulia postelectoral coordenada por Henrique Sanfiz. Os convidados son o profesor da Universidade de Montana, John Thompson; o escritor Xosé Manuel Sarille, a profesora e escritora, Anxos García Fonte e a socióloga, Celia Fernández. Entre unha e outra noite hai mais cousas, por exemplo a Fashion Night do sabado 25 que reune a 50 establecementos comerciais e de hostelería, e que se presentaban esta mañá.


Do disco TEN

BellónMaceiras fan as maletas de novo

Sociedade 22/06/2016
  Envía a túa opinión

Segovia, próxima parada do dúo BellónMaceiras. Tras a súa actuación en maio en Palermo e o seu paso pola Coruña, o grupo musical tocará o vindeiro tres de xullo en Segovia no Festival Folc da cidade. Alí compartirán cartel con artistas como Germán Díaz, Muyeres, Cuellar e Tejada. Pero antes, Daniel Bellón e Diego Maceiras terán esta tarde unha cita co alumnado da súa escola de música. O concerto de fin de curso comezará ás sete desta tarde no Circulo de Perlío.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros