Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

Anónimo. O Rosal, ca. 1955 © Arquivo MPG

Os dereitos das mulleres: O camiño andado e o camiño por facer

Sociedade 02/03/2015
  Envía a túa opinión

A letrada Alba Nogueira ofrecerá unha conferencia no Museo do Pobo Galego, mañá martes, 3 de marzo, ás 19h00, encadrada na celebración do Día da Muller. Desde 2011, o Museo do Pobo Galego vén contribuíndo á conmemoración do Día da Muller cunha conferencia impartida por unha profesional das ciencias sociais. Este ano, o tema a
desenvolver é o da evolución dos dereitos das mulleres no período democrático. A intervención correrá a
cargo da profesora, Alba Nogueira.


Cartaz de promoción da película

Cordovani mete a Greta Garbo no balneario de Mondariz

Sociedade 28/01/2015
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O Balneario de Mondariz regresa aos anos 20 para recrear a visita de Greta Garbo a Galicia. Faino da man de Roberto Cordovani, que está rondando os últimos anos da diva en "Olhares de perfil. O mito de Greta Garbo". Unha historia que o director e actor brasileiro estreou en Vigo en 1987 e posteriormente levouna a Londres, onde recibiu un premio polo seu labor sobre o escenario, e despois a Europa e América latina. Esta historia foi a súa creación fetiche até conseguir levala ao cinema.


Carolina Bascansa

Carolina Bescansa nos Almorzos ON/OFF do Colexio de Xornalistas de Galicia

Sociedade 09/12/2014
  Envía a túa opinión

Carolina Bescansa, cofundadora e secretaria de Análise Política e Social de Podemos, estará nos 'Almorzos On/Off' de Santiago de Compostela o vindeiro xoves 11 de decembro. O almorzo celebrarase partir das 11:00 horas na Galería Sargadelos da capital galega (Rúa Nova, 16). A demarcación da Santiago do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), coa colaboración de Sargadelos, organiza este acto que dará comezo ás 11:00 horas co 'OFF' para colexiados, para dar paso despois ao 'ON', a rolda de prensa de libre acceso, ás 11:45. Por motivos de organización, para poder asistir ao 'OFF' para colexiados é imprescindible inscribirse enviando un mail a xornalistas@xornalistas.com ou chamando ó 981 93 56 70. Aforo limitado.


Onte e hoxe dos dereitos das mulleres

Corenta anos despois, no mesmo sitio

Sociedade 10/07/2014
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

En 100 cidades de toda España - e subindo- estréase hoxe, simultaneamente, o documental “Eu decido. O tren da liberdade”. O documental gravouse durante a protesta contra a reforma da lei do aborto en Madrid o pasado 1 de febreiro, cando un tren saíu de Asturias. É obra dun colectivo de mulleres cineastas, entre elas a productora ferrolana Chelo Loureiro, contrarias á reforma do Ministro Gallardón. O resultado é este documental “O tren da liberdade” que se proxecta no Ateneo de Ferrol ás 8 da tarde.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros