Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Lara Lagoa

Lara Lagoa pelexará por meterse entre as cinco primeiras na súa estrea no europeo sub-17

Deportes 06/04/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Con 14 anos, a windsurfista canguesa Lara Lagoa prepárase para disputar desde este xoves, 9 de abril, e ata o 16, o seu primeiro Campionato de Europa sub-17. Terá lugar en Lacanau, unha localidade próxima a Burdeos, Francia. Lara é unha das favoritas e é consciente de cales son as súas principais rivais. A priori, as italianas son as máis fortes, seguidas de francesas e polacas. Por iso, a galega sabe que a competición non resultará nada fácil.


I Campionato Galego de Sala. Arco Espido e Tradicional

Técnica, pericia e instinto para practicar o arco tradicional

Deportes 03/04/2009
  Envía a túa opinión

A palabra tradicional pode inducirnos a pensar nunha práctica que se realizaba no pasado e que agora se atope esquecida ou en perigo de extinción. Nada máis lonxe da realidade. Aseguran os implicados que este tipo de tiro con arco está a medrar a pasos axigantados nos últimos tempos en Galicia, tanto ao falar de cantidade como de calidade.

 

 


Trío acrobático do Flic Flac

Vigo acolle o V Campionato Galego de Ximnasia Acrobática

Deportes 02/04/2009
  Envía a túa opinión

O Pavillón do Berbés, en Vigo, acolle este sábado o V Campionato Galego de Ximnasia Acrobática. Trátase dunha disciplina con pouca tradición en Galicia e no Estado, cuxos exercicios inclúen elementos de ximnasia, pero tamén música, equilibrios e saltos de trampolín. A proba contará coa presenza do Flic Flac vigués como equipo anfitrión, loitando pola vitoria co Burgas de Ourense e o Treboada e o Ximnasia, ambos de Pontevedra.

 

 

 

 


A selección galega feminina nun partido contra Baleares

A Federación Española de Fútbol incumpre a Lei de Igualdade

Deportes 01/04/2009
  Envía a túa opinión

Un grupo de clubs de fútbol e asociacións deportivas, entre as que se atopa a Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudega) están traballando para rachar cunha herdanza histórica da normativa da Federación Española de Fútbol, que impide ás mulleres acadar unha licenza profesional. Este tipo de licenzas concédense só aos equipos das tres primeiras divisións do fútbol masculino, e as mulleres xogan todas con licenzas "amateur". Isto implica que as mulleres non poden cotizar na Seguridade Social polo seu traballo real, e tampouco se poden beneficiar dos acordos recollidos no convenio colectivo para xogadores profesionais.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros