Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Uns 2000 gandeiros concentráronse na Coruña coincidindo co Consello de Ministros

Bruxelas ampliará o prazo de intervención de leite en po e manteiga para paliar a crise do sector lácteo

Institucional 24/03/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Bruxelas non escoitou a voz dos miles de gandeiros que onte saíron a rúa. Os ministros da Unión Europea reuníronse para analizar a crise do sector lácteo e acordaron maior intervención pública para comprar leite en po e manteiga, mentres que os produtores solicitaban medidas máis profundas para paliar unha situación que cualifican de dramática. O programa Onda Rural centrouse en informar sobre as decisións adoptadas polos ministros de Agricultura dos 27.



O responsable de Unións Agrarias alerta do risco dun abandono masivo das explotacións

Uns 2000 gandeiros concéntrase na Coruña para pedir solucións ante crise do sector lácteo

Sociedade 23/03/2009
  Envía a túa opinión

Ao redor de 2000 gandeiros saíron este mediodía á rúa. Os tres sindicatos agrarios e as cooperativas leiteiras concentráronse ante a Delegación do Goberno de Galicia, situada na Coruña. Demandan solucións ante a actual situación do sector lácteo, na que teñen que facer fronte á caída dos prezos, as importacións ás que cualifican de “irregulares” e as ameazas de non recollida da materia prima. O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, analizou nos micrófonos de Radiofusión o estado actual das explotacións e explicou as principais reivindicacións dos gandeiros ante o Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea. As súas palabras protagonizaron o programa Onda Rural.


O Consello Consultivo de Agricultura analizou os puntos do Consello de Ministros

Os ministros da Unión Europea manterán o luns unha xuntanza “decisiva” para o futuro do sector lácteo

Sociedade 20/03/2009
  Envía a túa opinión

O Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea debate o luns o futuro do sector lácteo comunitario. Unha cita que foi xa cualificada de “vital”, “transcendente” e “decisiva” por parte dos sindicatos agrarios, que sairán esa mesma xornada á rúa para reivindicar prezos dignos para o seu produto. O programa Onda Rural centrouse nas expectativas creadas arredor desa xuntanza, recollendo tanto as voces institucionais como as dos representantes dos gandeiros.


Imaxe da última mobilización dos gandeiros

Os sindicatos agrarios manifestaranse o luns na defensa do sector lácteo

Sociedade 18/03/2009
  Envía a túa opinión

Os produtores lácteos unen forzas. Os tres sindicatos agrarios galegos e as cooperativas leiteiras saíran o vindeiro luns á rúa, o mesmo día no que o Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea debaterá o futuro do sector na comunidade. O programa Onda Rural recolleu os argumentos e reivindicacións dos convocantes da protesta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros