Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Raizame

Información do programa Novas do programa

Óscar Losada dirixe e conduce Raizame

Guadi Galego fala das Lúas de outubro e agosto

Cultura 26/12/2014
  Envía a túa opinión

A artista de Cedeira é a gran protagonista do programa Raizame desta semana, emitido en Radiofusión, a rede da radio local en Galicia. Na entrevista realizada con ela falará sobre o seu último traballo e na parte final, como curiosidade, poderemos escoitala cantar un par de temas en éuscaro.


Angélique Kidjo

Angelique Kidjo, tesouro cultural de Benin

Cultura 09/12/2014
  Envía a túa opinión

No programa desta semana escoitaremos pezas do último traballo da gran Angelique Kidjo. Ese disco, titulado Eve, vén de ser recoñecido como finalista nos premios Grammy, galardón que xa posúe a de Benin, no apartado de World Music. O Afropop, o jazz e o gospel son algunhas das fontes das que bebe unha música chea de creatividade.


Óscar Losada nos estudios de Radiofusión

Raizame entra a formar parte da World Music Charts Europe

Cultura 09/11/2014
  Envía a túa opinión

O director e presentador do programa Raizame de Radiofusión, Óscar Losada, é novo compoñente de World Music Charts Europe, unha asociación europea de xornalistas radiofónicos especializados en música de raíz. Para entrar a formar parte dese grupo cómpre ter un curriculum profesional que se considere meritorio. O responsable do espazo Raizame tivo o apoio de Albert Reguant, José Miguel López e Lara López, os compoñentes a nivel estatal de WMCE, que votaron favorablemente pola súa inclusión.


O gaiteiro de Flandes Stefan Timmermans tamén visitou o Womex 2014

O Womex con maior participación da historia

Cultura 29/10/2014
  Envía a túa opinión

Santiago de Compostela foi a semana pasada o centro das olladas da world music coa presencia na cidade do Womex, a maior feira profesional deste eido. Asistiron 2.400 delegados, cun incremento do 6,66% respecto á edición anterior, 1.470 empresas  de máis de 90 países (cun aumento do 16,66%) e colocáronse 280 stands, o que supón un récord absoluto nas vinte edicións do Womex.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros