Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Sonsdenós.2017

Información do programa Novas do programa

Unha das imaxes vencedoras

O concurso municipal de fotografía de Braga sobre espazos urbanos xa ten gañadora

Cultura 05/10/2009
  Envía a túa opinión

Dulce Mota Campos resultou elixida por unanimidade vencedora deste concurso organizado desde os departamentos de Cultura e de Renovación Urbana do Concello bracarense. Ademais, a partir de mañá 6 de outubro, estará aberta ao público unha exposición de imaxes concorrentes ao concurso na biblioteca Craveiro da Silva.


As entradas xa están á venda e custan 10 euros

O Teatro Circo de Braga celebra o día mundial da música reunindo as mellores voces da cidade

Cultura 28/09/2009
  Envía a túa opinión

Dora Rodrigues, Eduarda Melo, Liliana Coelho e Carlos Nogueira son os artistas bracarenses que, o vindeiro un de outubro a partir das nove e media da noite acompañaranse da Orquestra do Conservatório de Música Calouste Gulbenkian para comemorar o Día Mundial da Música no Teatro Circo.


Os dirixentes do Bloco de Esquerdas nun mitin de campaña no Porto

Unha victoria dificil para os socialistas

Sociedade 27/09/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

O Partido Socialista portugués, liderado polo primeiro ministro José Socrates, gañou as eleccións lexislativas ao lograr un 36,5% dos votos. O xefe de campaña do PS e actual ministro de Traballo José Vieira, recoñeceu que se trata dunha victoria dificil, xa que necesitarán do apoio doutras forzas políticas para sacar adiante o seu programa de goberno. O espectacular ascenso do Bloco de Esquerda e os malos resultados da conservadora Ferreira Leite son os dados máis significativos dos resultados electorais.


José Socrates volverá formar goberno en Portugal

Os socialistas gañan as eleccións en Portugal

Sociedade 27/09/2009
 14 comentario/s - Envía a túa opinión

O Partido Socialista gañou as eleccións lexislativas celebradas hoxe en Portugal, segundo os sondeos a pé de urna realizadas por varios canais de televisión. Os primeiros resultados procedentes do reconto de votos, confirman que José Socrates volverá presidir o goberno de Portugal. A candidata conservadora Manuela Ferreira Leite tería obtido uns malos resultados ao menguar o apoio conseguido polo PSD en anteriores comicios. Confírmase o ascenso anunciado do Bloco de Esquerda.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros