Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

Lotes de orellas examinados no certame

As mellores orellas, en Bertamiráns

Sociedade 17/02/2009
  Envía a túa opinión

Unha pastelería de Bertamiráns gaña o I Concurso de Orellas de Santiago e Comarca. As gañadoras, por unanimidade do xurado, foron as orellas da pastelería Miguel Ángel de Bertamiráns, seguidas das de Celma en segundo posto e Mollete en terceiro. Valoraron o sabor, textura, presentación e aroma dos 10 lotes presentados ao certame.

 





Martín Berasategui en Galicia

Martín Berasategui: A mellor carne do mundo procede de Galicia

Cultura 22/11/2008
 36 comentario/s - Envía a túa opinión

“Unha terra privilexiada e xente sensacional que a traballa”. Estas son as claves da grande calidade dos produtos alimentarios galegos, segundo Martín Berasategui. O afamado cociñeiro participou en Silleda na presentación de VAC.1, a nova marca de calidade para o vacún do país. Tralo acto, comentou nos micrófonos de Radiofusión que leva 20 anos traballando cos produtos da nosa comunidade, o cal considera “un orgullo para calquera cociñeiro”.


As papas de sarrabulho

Sociedade 04/11/2008
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

“Isto é unha sublime lección de cultura material”, di o principal personaxe de Requiem, a obra de Antonio Tabucchi, cando Casimira, a cociñeira dunha casa de comidas, relata con primor a receita das papas de sarrabulho. Alain Tanner levou a obra ao cinema e recreouse coa cámara entre as potas, enfocando carnes, sangue e mantelos.


Braga á mesa: a cociña de nos-outros

Cultura 03/11/2008
 87 comentario/s - Envía a túa opinión

Para aprezar hai que discernir, e o discernimento consiste en comparar e establecer diferenza. Mal pode aprezar un whisky o adolescente que proba esa bebida por primeira vez. A súa experiencia non pasará de ser máis que unha intoxicación. Cando os galegos cruzamos a fronteira de Portugal e nos dispoñemos a comer por primeira vez na rexión minhota, non compartimos nada cos adolescentes, porque posuímos unha pátina profunda, gravada polo tempo no ceo do padal, que nos serve para abrirnos a ese novo mundo, porque é sen dúbida unha continuación do noso.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros