Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Beatriz Mato na presentación do Plan

Galicia contará cunha nova Lei de accesibilidade

Sociedade 20/12/2010
  Envía a túa opinión

Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, eliminar os obstáculos existentes e impedir a creación doutros novos. Eses son os principais obxectivos que ten a nova Lei de accesibilidade que terá Galicia, anunciada pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a presentación do Plan de acción integral para persoas con discapacidade 2010-2013, no que se inclúe esta medida.


Todos e todas á unha coa lingua galega

Para poñer máis alta a lingua galega no twitter

Cultura 13/12/2010
  Envía a túa opinión

Despois da experiencia acumulada o pasado 6 de outubro, de novo intentamos colocar o hashtag #galega, nos trending topics de twitter. Queremos divulgar a existencia e as posibilidades criativas da lingua galega e facémolo nunha data emblemática, no 17 de decembro, aniversario da execución de Pardo de Cela pero tamén do nacemento de Isidro Parga Pondal e de Anxel Casal.


O nacionalismo gaña 7 deputados en Catalunya, segundo Aymerich

Sociedade 29/11/2010
  Envía a túa opinión

O voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, destacou que as forzas nacionalistas do Parlament --CiU e ERC-- "suman" sete deputados máis que na lexislatura anterior e considera que esa "maioría absoluta" é unha "opción de goberno" e a "opción" dos nacionalistas galegos. Así mesmo, ve os resultados como unha "boa noticia" para o Bloque e que suporán "un punto de inflexión" marcado pola "suba" da organización frentista nas municipais.


Volveu Convergència

Sociedade 29/11/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Catalunya escolleu o pasado 28 de Novembro os seus representantes no Parlament de Catalunya. 135 persoas que, á súa vez, debaterán e escollerán ao President da Generalitat; así como terán que decidir o futuro lexislativo do país mediterráneo. O certo é que estas eleccións marcan un antes e un despois: CiU volve ao goberno logo de 7 anos de travesía no deserto. Artur Mas é, xa, virtual President e semella que CiU non terá problemas para atopar socios nos que apoiar a súa labor executiva. Aínda así, o panorama é máis complexo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros