Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Club Agility Compostela

Obediencia, educación, socialización e diversión para os cans no Club Agility Compostela

Deportes 31/03/2009
  Envía a túa opinión

O Agility é unha actividade de lecer e deportiva na que poden participar todo tipo de cans, sen distinción de raza, adaptando a altura dos obstáculos ao seu tamaño. O Club Agility Compostela ofrece aos donos de cans a posibilidade de practicar de xeito afeccionado ou profesional esta disciplina, ademais de realizar clases de obediencia básica e avanzada, cursos de educación canina para propietarios, socialización de cachorros e modificación de condutas.


Campionato xuvenil de waterpolo

A aposta pola base do CW Santiago permítelles facerse co campionato galego xuvenil de inverno

Deportes 30/03/2009
  Envía a túa opinión

O Club Waterpolo Santiago vén de proclamarse campión galego xuvenil de inverno no torneo desta modalidade deportiva disputado na capital galega. Ademais, fíxose coa vitoria tras gañar a totalidade dos seus partidos. O equipo non deu opción a ningún dos seus tres rivais aos que gañou, a pesar de que ningún dos seus triunfos foi cómodo.


Práctica do barranquismo

Os galegos tamén practican a “espeleoloxía do sol”, o descenso de barrancos

Deportes 27/03/2009
  Envía a túa opinión

O barranquismo é unha modalidade a medio camiño entre esta disciplina e o alpinismo. Consiste en descender polos canóns ou gorxas dun río atravesando diferentes obstáculos naturais. Ao longo do percorrido, e dependendo do nivel de dificultade, haberá que sortear rochas, pasar por desfiladeiros, cruzar cascadas, baixar por tobogáns ou baixar por paredes verticais.


Os galegos están no máis alto da halterofilia galega

A selección galega de halterofilia competirá esta fin de semana en Hungría e Portugal

Deportes 26/03/2009
  Envía a túa opinión

A selección galega de halterofilia dividirase esta fin de semana en dúas co fin de estar presente en dous importantes eventos internacionais: a tradicional "Copa Soroksár", que se celebra desde mañá e ata o luns en Budapest-Hungría; e o Encontro Internacional absoluto Masculino Portugal-Galicia, que se celebra na rexión lusa de Setúbal, tamén desde mañá e ata o domingo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros