Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Camelia

Narón acolle esta fin de semana a V Mostra da Camelia

Sociedade 17/03/2009
  Envía a túa opinión

As camelias, flores orixinarias de Oriente, chegaron a Galicia a mediados do século XIX. Desde aquela, a cultura da camelia non para de medrar, tal como se pon de manifesto en eventos como o desta fin de semana. Profesionais e afeccionados daranse cita en Narón no marco da V Mostra da Camelia. Participan máis de 40 expositores e acudirán ao evento produtores asturianos e cántabros. O programa Onda Rural achegouse a esta mostra a través das palabras do presidente da Asociación Galega da Camelia, Xosé María Rivera Arnoso.


Imaxe de satélite, tomada en agosto de 2006, na que se aprecia o fume dos incendios

A vaga de incendios de 2006 custoulle a Galicia ao redor de 300 millóns de euros

Sociedade 16/03/2009
  Envía a túa opinión

A análise da riqueza e as potencialidades do rural galego centran un estudo realizado polas investigadoras María Loureiro e Melina Barrio e financiado pola Fundación Caixa Galicia. O traballo é ademais o primeiro en analizar as consecuencias da vaga de lumes de 2006 máis aló do curto prazo e del tíranse conclusións como que eses incendios custaron á economía galega ao redor de 300 millóns de euros. O programa Onda Rural coñeceu de preto esa investigación, titulada Valoración medioambiental, cultural e paisaxística dos espazos rurais galegos, a través das palabras da súa autora.


Os licores tradicionais galegos teñen aceptación en todo o mercado estatal

Aumenta nun 8% o consumo dos licores tradicionais, malia caída do resto de bebidas alcohólicas

Sociedade 13/03/2009
  Envía a túa opinión

O consumo de bebidas alcohólicas reduciuse nun 3% durante o último ano, pero nesa tendencia á baixa atopamos unha clara excepción: os licores tradicionais de Galicia. O augardente de bagazo, o licor café e o licor de herbas incrementaron as súas ventas en máis dun 8% durante o 2008. O programa Onda Rural tentou descubrir as claves deste éxito a través dunha conversa co presidente do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Evaristo Rodríguez.

 



Queixos da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa

Música, concursos, blogs e degustacións para homenaxear ao queixo de Arzúa

Sociedade 11/03/2009
  Envía a túa opinión

Desde 1975 non pasou nin un só ano no que Arzúa non exaltase o seu produto máis sobranceiro. A Festa do Queixo celebra esta fin de semana a súa trixésimo cuarta edición, unha cita declarada de interese turístico galego na que o programa Onda Rural centrou a súa atención. O concelleiro de Cultura de Arzúa, Xosé Luís García, repasou o programa do festexo nos micrófonos de Radiofusión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros