Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Unha particular homenaxe a Rosalía de Castro

A Rosalía máis pequeniña en versión de Uxía Senlle

Cultura 13/05/2013
  Envía a túa opinión

A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Victor Freixanes e Uxía Senlle presentaron este mediodía en Santiago de Compostela o libro-disco de 28 páxinas publicado por Galaxia na colección Sonarbore.


Sinais das peaxes na AP-9

De peaxe a peaje

Sociedade 13/05/2013
  Envía a túa opinión

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que nas últimas semanas se está a producir “de xeito paulatino” unha mudanza dos únicos sinais en galego que hai na AP-9, para que “a partir de agora só haxa información en castelán e en inglés e nada en galego”. A entidade sinala que os trocos se realizaron en boa parte dos tramos, mais aínda non en todos, polo que Carlos Callón reclama que “se deteña a colocación de adhesivos para eliminar as sinalizacións no noso idioma” e que “a AP-9 cumpra dunha vez coa Lei, que a obriga a que todos os sinais teñan tamén información no noso idioma”.


En Limodre sí hai praia

Chicharróns e Barracudas no Felipop 2013

Sociedade 09/05/2013
  Envía a túa opinión

Duo Dinámico debera estar este ano no Felipop de Limodre por aquilo de “15 años tiene mi amor” porque quince son os anos que cumple o Festival de Limodre no mes de agosto. A Asociación Cultural Felicia organiza o Felipop de xeito ininterrompido desde 1998. Cada edición é unha oportunidade para coñecer grupos que nunca vimos ou que rara vez se deixan caer por aquí. Cada edición aporta cambios para mellor. A nº 15 non é unha excepción. Hai tres cambios con respecto ás pasadas. O máis relevante, o cambio de escenario de todo o festival para o parque da Hortiña de Limodre, a escasos metros da pista polideportiva onde se veu celebrando dende o comenzo. O segundo cambio ven dado por compartir artistas con dous locais da parroquia, Casa Ardá e o local social Juan Varela. Os dous escenarios recibirán a un dos artistas convidados mentras que outros tres actuarán na zona cero, no parque da Hortiña. E a terceira novidade é gastronómico-musical; o CHICHARRON ROCK que precederá ao Felipop, no mes de xullo. Unha cita que nos revelou o alma mater do festival, Luís Iñíguez.


Capa do libro-DVD

Barriga Verde reclama o seu lugar de privilexio na tradición teatral popular

Cultura 08/05/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

"Morreu o Demo, acabouse a peseta" era a frase coa que remataban as funcións de monifates de luva logo de que o heroe Barriga Verda mallase no seu satánico antagonista. Agora é tamén o nome dunha asociación e do libro-DVD que vén de editar cun documental e máis de sesenta páxinas de contido. A obra quere difundir a figura de Barriga Verde, títere por excelencia no noso país durante o século XX. O filme, que se puido ver xa en diferentes festivais europeos, chega agora para a súa distribución en formato doméstico nunha edición de luxo que achega múltiples contidos extra. Comba Campoy, produtora executiva do filme e integrante da Asociación Cultural Morreu o Demo fixo un chamamento en Radiofusión a valorarmos a importancia desta tradición teatral para a cultura galega entre os anos 10 e 60 do século pasado, que nos emparenta co teatro de títeres popular europeo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros