Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Estefanía Hernández foi nomeada como mellor competidora do campionato

A selección galega de taekwondo faise co ouro no Campionato de España absoluto

Deportes 24/03/2009
  Envía a túa opinión

O numeroso público que abarrotou o pavillón dos Remedios da cidade das Burgas gozou esta fin de semana coa exhibición dos nosos deportistas de taekwondo. A selección galega fíxose co primeiro posto na clasificación xeral por equipos do campionato de España absoluto e, de paso, amosou o futuro que ten este deporte no noso país. Galicia encabezou a clasificación por equipos na categoría feminina e rematou terceira na masculina. O éxito galego alcanzouse grazas ás cinco medallas de ouro conseguidas por Estefanía Hernández, Rebeca Mariño, Andrea Rica, Fernando Rascado e José Antonio Carragal; as seis de prata de Belén Asensio, Nazaret Tilve, Lúa Piñeiro, Raúl Bouzas, Juan Fernández e José Fernández; e os dous bronces de Jessica Otero e Javier Sieira.


Os xogadores galegos queren volver a elite do bádminton estatal

Rubén Espinosa pensa en chegar á final do campionato estatal tras facerse co ouro no galego

Deportes 23/03/2009
  Envía a túa opinión

O Pavillón da Universidade Laboral de Ourense acollía hai uns días o Campionato Galego de Veteranos de Bádminton. Uns 80 xogadores tomaron parte na competición representando a diversos clubs de Galicia. Rubén Espinosa do Club do Mar de San Amaro foi o gran vencedor desta proba xa que subiu en dúas ocasións ao máis alto do podio, tanto en individual masculino, tras gañarlle ao seu compañeiro de equipo Gonzalo Poncela; como en dobres masculino, xogando precisamente con Poncela.


Participantes nun raid de aventura

Comeza a V Liga Galega de Raids de Aventura

Deportes 20/03/2009
  Envía a túa opinión

Con máis de 30 equipos por proba e cun calendario entre 3 e 6 eventos en terreo galego de 1 ou 2 días de duración dá comezo esta fin de semana a V Liga de Raids de Aventura.. Con 2 categorías consolidadas de diferentes formatos -elite (os 3 membros do equipo sempre en competición), e aventura (2 membros do equipo sempre en competición)- e a posibilidade para os organizadores de incorporar esta ano un percorrido de iniciación-orienta-raid (con 2 membros do equipo sempre en competición). Deste xeito, cada participante pode aumentar ou diminuír a dificultade elixindo a categoría que cada un estime oportuna, para poder competir a un alto nivel ou simplemente pasar un bo día gozando do deporte na natureza.


Lolo Penas chegando á meta

Lolo Penas agarda quedar entre os tres primeiros españois no mundial de cros que se celebrará en Xordania

Deportes 18/03/2009
  Envía a túa opinión

Os atletas galegos Lolo Penas, quinto clasificado no Campionato de España de Campo a Través e Sandra Mosquera, campioa estatal da mesma especialidade en categoría júnior, veñen de ser seleccionados polo comité técnico da Federación Española de Atletismo para formar parte da selección española que participará no mundial de Amman, en Xordania, que se celebrará o 29 deste mes de marzo.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros