Sobre os xogos e os deportes tradicionais galegos falaráse este venres no Centro de Promoción Social de San Valentín. Intervirán o concelleiro de deportes de Fene Justo Martinez, o mestre e especialista en xogo tradicional Antón Cortizas, o autor do libro sobre a chave Xaime Iglesias e o director de Radio Fene Henrique Sanfiz.
O Clube Atletismo Fene vive este domingo un novo día histórico. No seu segundo ano de existencia presentará por primeira vez equipo nun campionato galego. Será no de cross curto, que se celebrará no concello ourensá de A Rúa, nun circuíto de aproximadamente 4.000 metros.
Para o Perlío a sorte foi outra, gañaron na Pedreira 1-3 fronte ao Galicia de Mugardos. A primeira parte foi un dominio absoluto das fenesas, segundo o técnico Jorge Bello. Acabou 0-2. Aos dez minutos da segunda parte chegou o terceiro que sentenciou o encontro. Os goles foron de Iria, Antía e Ainara, por esa orde. O Perlío recupera a Noa, lesionada no xeonllo dende hai meses. Repasamos o partido con Jorge Bello.
O Maniños feminino non gañou por primeira vez nesta Liga Feminina de Fútbol 8. As Pontes 1- Maniños 1.
O campo foi o problema, segundo o técnico Fernando Aneiros. O campo das Pontes é o máis pequeniño da zona e ademais estaba moi empapado o que impediu ás rapazas do Cultural Maniños xogar como elas queren, raseando a pelota. As rivais non as deixaron xogar cómodas en todo o encontro. Aínda así as fenesas foron superiores na primeira parte, cando marcaron o gol.