Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O Ministerio estima que máis de 100.000 mulleres do rural poderán beneficiarse da novo decreto

Apróbase o decreto sobre Titularidade Compartida nas explotacións agrarias

Institucional 10/03/2009
  Envía a túa opinión

O Consello de Ministros vén de aprobar o Real Decreto sobre Titularidade Compartida nas explotacións agrarias. O texto ten por obxectivo dar un paso máis cara a igualdade no sector primario e recoñecer novos dereitos ás mulleres rurais. O programa Onda Rural centrou a súa atención nesta nova normativa, informando sobre os seus puntos máis importantes e recollendo as valoracións ao respecto da Ministra do Medio Rural, Elena Espinosa; da presidenta da Federación de Mulleres Rurais Galicia, Rosa Arcos; e da responsable da Secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba.


Logo da secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego

As labregas sumáronse á conmemoración do Día Mundial da Muller

Sociedade 09/03/2009
  Envía a túa opinión

Ao redor de 160 labregas compartiron experiencias e analizaron medidas para mellorar as súas condicións de vida no marco do encontro convocado polo Sindicato Labrego Galego esta fin de semana en Pontedeume. A cotitularidade das explotacións, a saúde da muller, a elaboración do produto labrego, a violencia de xénero no rural foron os temas centrais deste encontro anual. A cita finalizou coa asistencia á manifestación do Día Internacional da Muller celebrada onte en Ferrol. O programa Onda Rural achegouse a este evento a través das palabras da secretaria de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e da secretaria xeral da organización, Carme Freire.


Os produtores solicitan que se manteña a recollida de leite

Uns 200 gandeiros protestan ante a factoría lucense de Leite Pascual

Sociedade 06/03/2009
  Envía a túa opinión

Os produtores lácteos afianzan posturas ante a situación do sector. Gandeiros Unidos reuniu este mediodía a centos de persoas diante da factoría de Leite Pascual de Outeiro de Rei co obxectivo de protestar polo cesamento da recollida da materia prima anunciada pola industria. Unións Agraria e Xóvenes Agricultores denuncian “chantaxes” dalgunhas empresas e o Sindicato Labrego Galego vén de realizar un chamamento á unidade de acción sindical. No programa Onda Rural informouse sobre estas protestas e incluíse unha entrevista coa responsable do sector lácteo do Sindicato Labrego Galego, Lupe Prado.


Cartel da Festa do Viño de Chantada

A Feira do Viño de Chantada porá á venda 20.000 botellas

Sociedade 05/03/2009
 13 comentario/s - Envía a túa opinión

A feira do viño máis importante de todo o noroeste peninsular”. Deste xeito cualifican os seus organizadores á Feira do Viño de Chantada, que se celebra este sábado e domingo no concello lucense. O programa Onda Rural achegouse a este festexo a través dunha conversa cun dos seus organizadores, Camilo Rodríguez.


 


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros