Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Manifestación en Burela polo hospital da Costa

A paciencia acábase

Sociedade 20/11/2010
 49 comentario/s - Envía a túa opinión

A paciencia dos pacientes semella que remata. As organizacións de usuarios e traballadores do SERGAS convocan unha manifestación para este domingo en Santiago de Compostela en contra da privatización da Sanidade. Contan co apoio de BNG, PSOE, UGT, CIG, CC OO e a Confederación Veciñal COGAVE. Todos eles forman parte da plataforma SOS Sanidade Pública, que reune tamén a colectivos que traballan a prol da calidade do servizo do Sergas.


Luís García Berlanga

O cineasta Luís García Berlanga morre en Madrid aos 89 anos

Sociedade 13/11/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O cineasta Luís García Berlanga faleceu hoxe en Madrid aos 89 anos de edade. A morte produciuse arredor das 5 da madrugada na súa casa familiar. Estaba considerado, xunto con Juan Antonio Bardem, como un dos renovadores do cinema español de posguerra. Entre as súas películas destacan El verdugo ou Bienvenido Mister Marshall.


A lonxa de Burela no pasado mes de setembro

Os prezos subiron 9 décimas en outubro

Sociedade 12/11/2010
  Envía a túa opinión

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu nove décimas en outubro en relación ao mes anterior, e a taxa interanual repuntó dúas décimas, até situarse no 2,3%, unha décima por encima do esperado, informou o Instituto Nacional de Estatística (INE). En Galicia esa taxa situouse no 2,4%.


Cartel de “Neds”

“Neds”, Cuncha de Ouro en San Sebastián, inaugura esta noite Cineuropa

Cultura 10/11/2010
  Envía a túa opinión

O Teatro Principal de Compostela acolle ás nove desta noite a proxección inaugural do XXIV Festival Cineuropa. O título elixido para apertura é Neds, o filme do director británico Peter Mullan que hai unhas semanas se erixiu en gañadora absoluta do Festival de San Sebastián coa obtención da Cuncha de Ouro e o premio ao mellor actor. Ata o 3 de decembro poderemos gozar na capital galega de máis de 130 títulos no chamado “festival de festivais”, segundo afirmou Radiofusión o seu director, José Luís Losa. Entre os filmes destaca a práctica totalidade do palmarés de Cannes e as obras máis recentes de Abbas Kiarostami, Godard, Oliveira, Claire Denis, Guerín ou Gaspar Noé, entre outros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros