Envía a túa opinión
A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, entregou os trofeos aos participantes no VII Torneo de Fútbol Sala Base Cidade de Narón. O evento deportivo, organizado pola Sociedade Deportiva “O Freixo”, celebrouse desde o pasado xoves ata onte domingo no pavillón polideportivo de As Lagoas.
Envía a túa opinión
O triatleta ferrolá Javi Gómez Noya gañou esta mañá a proba da Liga Nacional de Clubs de Triatlón que se celebrou esta fin de semana na cidade de Ferrol no entorno do Arsenal e do Porto ferrolá. Os mellores especialistas do triatlón español deronse cita na cidade de Ferrol, liderados polo mellor do mundo, o ferrolán Javi Gómez.
Envía a túa opinión
O Perlío non deixou escapar a ocasión e clasificouse para a final da Copa "Delegación de Ferrol" de aficcionados. Nesta ocasión, o todoterreo fenés enfrontouse ao San Sadurniño no marco da disputa da volta das semifinais da competición. Venceu o equipo de Tito Dopico cun marcador de 3-0. Mentres tanto, o Meirás tamén gañou pola mínima en Pontedeume. Meirás e Perlío disputarán a final de copa.
Envía a túa opinión
A Asociación Veciñal Val de Esmelle (Ferrol A Coruña) organiza para mañá domingo a súa XV carreira popular. Preparou distintos circuitos segundo as idades dos participantes. Os maiores de 16 anos realizarán un percorrido de 7000 metros. Sairá a carreira ás dez da mañá do local social de Esmelle. As inscricións no teléfono 981 365390 ou antes da saida.