Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Participantes nun raid de aventura

Comeza a V Liga Galega de Raids de Aventura

Deportes 20/03/2009
  Envía a túa opinión

Con máis de 30 equipos por proba e cun calendario entre 3 e 6 eventos en terreo galego de 1 ou 2 días de duración dá comezo esta fin de semana a V Liga de Raids de Aventura.. Con 2 categorías consolidadas de diferentes formatos -elite (os 3 membros do equipo sempre en competición), e aventura (2 membros do equipo sempre en competición)- e a posibilidade para os organizadores de incorporar esta ano un percorrido de iniciación-orienta-raid (con 2 membros do equipo sempre en competición). Deste xeito, cada participante pode aumentar ou diminuír a dificultade elixindo a categoría que cada un estime oportuna, para poder competir a un alto nivel ou simplemente pasar un bo día gozando do deporte na natureza.


Lolo Penas chegando á meta

Lolo Penas agarda quedar entre os tres primeiros españois no mundial de cros que se celebrará en Xordania

Deportes 18/03/2009
  Envía a túa opinión

Os atletas galegos Lolo Penas, quinto clasificado no Campionato de España de Campo a Través e Sandra Mosquera, campioa estatal da mesma especialidade en categoría júnior, veñen de ser seleccionados polo comité técnico da Federación Española de Atletismo para formar parte da selección española que participará no mundial de Amman, en Xordania, que se celebrará o 29 deste mes de marzo.

 


Os loitadores inícianse na etapa escolar

O Keltoi e o San Ignacio triunfaron no Campionato Galego Escolar e Júnior de Loita

Deportes 17/03/2009
  Envía a túa opinión

O club de loita Keltoi de Vila de Cruces converteuse no gran dominador da loita galega nas categorías escolar e júnior logo de proclamarse campión en tres das cinco categorías en disputa. Os pontevedreses impuxéronse con claridade na categoría escolar masculina. Asemade, os loitadores do Keltoi tamén obtiveron o primeiro posto nas modalidades junior de loita libre olímpica e loita grecorromana. Na categoría feminina, o gran dominador foi o club vigués San Ignacio, que se impuxo tanto na categoría escolar como na júnior.


Práctica do mondioring

O mondioring, o deporte máis completo para cans

Deportes 16/03/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Probas de obediencia, salto e defensa dan forma ao mondioring, un deporte canino que ten por finalidade buscar animais sans e equilibrados que superen todas estas probas. Unha disciplina que chegou a España a comezos da década dos 90 e que se converteu nun dos deportes máis completos para cans, posto que potencia as súas calidades xenéticas e físicas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros