Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Os expertos apuntan á mellora do viño como unha das consecuencias positivas do cambio climático

A Galicia de mediados de século terá solos menos produtivos e mellor viticultura

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

Solos menos fértiles, maior risco de lumes e mellor viño do Ribeiro. Este é o escenario que nos agarda na nosa comunidade a partir da segunda metade deste século XXI. Asegúrano así o centenar de científicos que asinan o estudo Evidencias e Impactos do cambio climático en Galicia, presentado pola Consellería do Medio Ambiente. O programa Onda Rural centrou a súa atención en coñecer como afectan esas previsións ao sector primario e que propoñen os expertos para unha axeitada adaptación.


Milleiros de profesionais vitivinícolas danse cita na feira

Máis de 500 adegas presentan os seus caldos na Feira do Viño do Noroeste

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

Ferrol acolle a Sexta Feira do Viño do Noroeste, Fevino, na que estarán presentes máis de medio milleiro de adegas. O evento abrirá as súas portas desde este sábado día 7 ata o martes 10 e nel participarán bodegueiros, consellos reguladores de denominacións de orixe, distribuidores, sumilleres, xornalistas especializados e outros profesionais vinculados ao mundo vitivinícola. O programa Onda Rural achegouse a esta feira a través das palabras do seu director técnico, Domingo Díaz.


O proxecto ten por obxectivo difundir a agricultura ecolóxica de autoconsumo

A Asociación de Veciños de Lavadores inicia un proxecto para promover o cultivo ecolóxico entre os vigueses

Sociedade 03/03/2009
  Envía a túa opinión

Ofrecer aos veciños de Vigo un terreo para cultivar produtos ecolóxicos destinados ao autoconsumo. Este é o obxectivo dun curioso proxecto posto en marcha pola Asociación de Veciños de Lavadores, co apoio da Consellaría do Medio Rural. A Xunta de Montes de Cabral cedeu unha finca de 5.000 metros cadrados na que nunha parte se construirán viveiros cubertos e na outra se dividirán parcelas duns 200 metros cadrados. O programa Onda Rural interesouse por esta iniciativa a través dunha conversa co presidente da Asociación de Veciños de Lavadores, Emilio Pazo.


A Mesa da Madeira acordou as axudas para os afectados polo Klaus

Medio Rural abrirá un rexistro para que os propietarios de madeira afectada polo Klaus poidan acollerse ás axudas

Institucional 02/03/2009
  Envía a túa opinión

A Consellaría do Medio Rural creará un fondo extraordinario, dotado con sete millóns de euros, para facer fronte aos labores de aproveitamento e transporte da madeira danada polo ciclón Klaus. Crearase ademais un rexistro para que os afectados poidan acollerse a estas axudas. O programa Onda Rural coñeceu polo miúdo este acordo da Mesa da Madeira a través dunha conversa coa presidenta da Federación de Produtores de Madeira de Galicia (Promagal), Teresa Rañal. No mesmo espazo radiofónico informouse sobre outra orde de subvencións que pode interesar aos propietarios de montes: a de fomento das frondosas caducifolias.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros