Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Chega a Barcelona Atlántica a Radiofusión

Cultura 01/11/2010
  Envía a túa opinión

Todos os mércores ás 17 horas pódese escoitar en Radiofusión, o programa Barcelona Atlántica. A rede da radio pública local galega exténdese e agora chega xa ata Catalunya. A conexión Mediterráneo - Atlántico establécese a través do éter e de Internet. Avante toda!!


O gaiteiro de Montrove, de Antonio Jaspe

O romanticismo na pintura galega do XIX

Cultura 31/10/2010
  Envía a túa opinión

As escenas e persoaxes populares ben engalanados, ricamente vestidos, con atuendos descritos minuciosamente e actitudes pausadas e arrogantes, abundan na pintura romántica galega da segunda metade do XIX. O pintor nacido en Asturias e galego de adopción, Dionisio Fierros, introduce en Galicia o romanticismo burgués. Con él a pintura galega parece tomar un novo auxe, segundo salienta Socorro Ortega na súa "Historia del Arte Gallego".


O director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces

Primeiro o eólico, agora a biomasa: a Xunta varre o plan enerxético do bipartito

Institucional 23/10/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta liberalizará o sector da produción de enerxía a través de biomasa. Cando “un promotor identifique un proxecto rendible” contará coa adxudicación inmediata dunha planta por parte da Administración. O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, anunciou a próxima derrogación do decreto polo que se regulaba a autorización de proxectos de aproveitamento de biomasa para asimilar a Galicia “ao que hai no resto de España”, declarou. Isto quere dicir que xa non será preciso agardar a que a Xunta convoque un concurso tal e como decidira o bipartito, ao que Tahoces criticou porque “só convocou nunha ocasión e non foi capaz de resolver”. Ademais, lembrou que xa se traballou en facilitar o desenvolvemento do sector coa modificación da Lei do Solo. O último cambio contempla que, mediante licenza municipal, a instalación das plantas de biomasa sexa uso permitido en solo rústico de protección forestal para que así estean máis preto do seu combustible.


Alfredo Pérez Rubalcava é o novo home forte do goberno

Remodelación Rubalcava

Sociedade 20/10/2010
  Envía a túa opinión

O presidente do goberno José Luís Rodríguez Zapatero confirmou este mediodia o alcance da remodelación do executivo. Rubalcaba será vicepresidente primeiro, ministro de Interior e portavoz; Trinidad Jiménez ocupará Exteriores, Leire Pajín irá a Sanidade; Valeriano Gómez, a Traballo; Rosa Aguilar a Medio Ambiente; Ramón Jáuregui a Presidencia. Desaparecen Vivenda e Igualdade e saen tamén do goberno Fernández de la Vega e Elena Espinosa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros