Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Por dentro somos como unha peaxe da AP-9 en domingo

“El documental de la 2: La aventura interior” (La 2, 22 h.)

Sociedade 23/03/2012
  Envía a túa opinión

É un dos diálogos máis memorables do cine, ese no que Jack Nicholson aperta os dentes mentres cuspe con desprezo as palabras: “A verdade? Ti non podes encaixar a verdade!”. Gravadas en pedra nunha lousa deberan agardar esas letras a todos os escolares que de excursión na Domus da Coruña desfilan, un tras outro, para entrar nun cuarto escuro no que se admira nun vídeo reproducido en bucle o milagre da vida. Parido incontables veces, asoma un meniño herculino pola vaxina da súa nai no paridoiro, mentres as tripas dos espectadores impresionables asimilan que na nosa orixe hai pouco de mística e moito de orgánico. Quen somos e cara onde imos, poida que non o saibamos. Agora ben, de onde vimos, coñecémolo seguro, sucedidos uns polos outros como nunha gran matrioshka que non deixa de reproducirse. Descoñecemos que cousa será a divindade, mais se tal maxia houber, debe estar nos abraiantes mecanismos interiores da maternidade.


- “Aínda as vas levar, peideiro!”

“Cine: O cabaleiro escuro” (TVG2, 22:50 h.)

Cultura 22/03/2012
  Envía a túa opinión

Todo o debate arredor da lingua en Galicia está contaminado por expresións como imposición, harmonía, equilibrio e un xa non sabe cantas trapalladas. Así que de cando en vez cómpre retornarmos ao punto de partida para deixar as cousas claras, aos lugares comúns que non cabe someter a manipulación. Aí está aínda a diglosia, unha realidade que nin un milleiro de enquisas ou probas académicas poden agochar. A lingua de prestixio e do eido público continúa a ser o castelán dun modo case asumido por todos e a da vida doméstica e familiar, para moita xente, continúa a ser o galego. Coido que desa proximidade procede precisamente o pasmo constante de escoitar aos heroes dos medios audiovisuais falar na lingua de noso cando toda a vida pensabamos que os únicos idiomas que dominaban eran os que se falan en Wisconsin e Chamberí. Mais non debera existir a diferenza: tan pintoresco é escoitar a Han Solo falar con tempos compostos do castelán como berrarlle a Chewaka o xa mítico “Terma Chiwi, que escorregho!”.


Durmir no século XXI

“La noche temática: Imposible dormir” (La 2, 02:00 h.)

Sociedade 20/03/2012
  Envía a túa opinión

Non, por máis que saquen peito coas súas cifras millonarias, non están tranquilos os responsables da televisión. Ollan a morte lenta e con dor da prensa en papel e observan con curiosidade que demo pensa facer a radio, tan modesta ela. E aínda que non o digan, dende a súa cimeira elevada a lombos da audiencia, enchen xa un caldeiro de augar para pór as barbas a remollo. Porque a caixa parva ten que espelirse, procurar novas fórmulas de interactividade, ese elemento clave que formulan os videoxogos e a internet, os medios que, devagar, lle van comendo a torrada. Unhas das fórmulas experimentais é a televisión baixo demanda, aquela que fornece os contidos que o espectador reclama. Porén, pódese ir aínda máis lonxe e reaccionar á situación da audiencia sen que esta teña que programar.


Hai vida alén do póker

“21 días: En la piel de un jugador” (Cuatro, 00:15 h.)

Sociedade 19/03/2012
  Envía a túa opinión

Existen máis probabilidades de que eu gañe unha proba de natación contra Michael Phelps ou de que me toque a lotaría? Estudando a evidente diferenza física e de talento, case que me imaxino antes como millonario. E, non obstante, por moito que o que eu faga na auga sexa máis aboiar que nadar, existe sempre a esperanza dunha fazaña en forma, por suposto, de lesión muscular durante o reto do home-peixe americano, que me permita tocar antes a parede da piscina e deter o cronómetro, boquexando como unha troita fóra do río. Nos xogos deportivos existe un marco regulamentario que concede, malia as dificultades, unha comprensión xusta das posibilidades de vitoria. Porén, no xogo de azar, dende ruleta rusa á brisca, un bótase a peito descuberto contra as paredes da estatística, confiando en non partir a crisma polo camiño. Xogar ao chou, sen control, é nunha porcentaxe case absoluta xogar a perder e, non obstante, hai máis xente tirando do brazo da máquina comecartos do bar que practicando no pavillón. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros