Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Atletas do Val Miñor

O Val Miñor proclámase campión de España por clubs grazas á categoría cadete feminina

Deportes 13/03/2009
  Envía a túa opinión

O equipo cadete feminino da Sociedade Atlética Val Miñor proclamouse campión de España por equipos no circuíto de “El Cuartillo”, en Cáceres, que contou coa participación duns 2.500 atletas. O Val Miñor levouse o título con 48 puntos, grazas ao undécimo posto de Jenny Fernández, ao decimosétimo de Victoria Rodríguez e ao vixésimo de Patricia Pereira.


O mergullo é unha das actividades subacuáticas

Os fondos mariños, un mundo por descubrir polos deportistas

Deportes 12/03/2009
  Envía a túa opinión

As actividades subacuáticas tamén teñen o seu oco no mundo do deporte e, por riba, hai modalidades para todos os gustos: pesca submarina, mergullo, apnea, natación con aletas, arqueoloxía subacuática e hóckey submarino.


A Federación Galega de Halterofilia traballa intensamente coa base

A selección galega de halterofilia apúntase un tanto internacional

Deportes 11/03/2009
  Envía a túa opinión

Deportistas en idade escolar da selección galega de halterofilia conseguiron vencer esta fin de semana no Grand Prix Internacional de Kosice (Eslovenia), superando á selección anfitrioa, así como á polaca e á húngara. O deportista galego Alberto Díaz Mbang foi o grande artífice do triunfo do combinado. Marcou nove récords galegos, ademais do mellor rexistro dos 250 participantes.


O bádminton vaise asentando pouco a pouco en Galicia

Rafael Vázquez revalida por oitavo ano consecutivo o título de campión galego absoluto de bádminton

Deportes 10/03/2009
  Envía a túa opinión

O Pavillón do Club do Mar de San Amaro da Coruña acolleu o Campionato Galego Absoluto de Bádminton organizado pola Federación Galega de Bádminton coa colaboración da Dirección Xeral para o Deporte. Por oitavo ano consecutivo o vigués Rafael Vázquez do CB Narón revalidou o seu título de campión derrotando na final a David Durán do equipo das Neves.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros