Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Ana Rúa, Gonzalo Constenla e Edelmiro López na presentación das Feiras Galiza Sustentábel

A Rede Feiras Galiza Sustentábel chegará a 15 localidades pontevedresas

Sociedade 27/02/2009
  Envía a túa opinión

16 feiras, que se celebran en 15 localidades da provincia de Pontevedra, únense na Rede de Feiras Galiza Sustentábel. Este proxecto, apoiado polas Consellerías de Medio Rural e Industria, constitúe unha aposta polos circuítos curtos de comercialización, tanto dos produtos agrarios como dos derivados da artesanía. O programa Onda Rural centrou a súa atención nesta iniciativa a través dunha conversa co delegado en Pontevedra de Medio Rural, Gonzalo Constenla.


Xaquín López é o presidente da Feplac Galicia

Xaquín López, presidente da Feplac: “Existe un pacto das industrias para baixar o prezo do leite, o cal é ilegal”

Sociedade 26/02/2009
  Envía a túa opinión

As industrias lácteas advertiron aos gandeiros que baixarán nas próximas semanas o prezo ao que lle compran o leite. O programa Onda Rural centrouse neste asunto e recolleu os argumentos dos empresarios, os compromisos do Goberno e as reivindicacións dos gandeiros. Pasou polos micrófonos de este espazo radiofónico o presidente da Federación de Produtores Lácteos (Feplac) Galicia, Xaquín López, que asegurou, entre outras cuestións, que as industrias pactaron a baixada do prezo, o cal vulnera a legalidade.


O Klaus afectou a grandes masas forestais do norte das provincias de Lugo e A Coruña

A Xunta destina 7 millóns de euros á retirada da madeira danada polo Klaus

Institucional 24/02/2009
  Envía a túa opinión

A Consellaría do Medio Rural habilitará un fondo dotado con 7 millóns de euros para retirar dos montes galegos a madeira afectada polo ciclón Klaus, unha contía á que se poderían sumar outros 3 millóns de euros comprometidos polo goberno central. O programa Onda Rural centrou a súa atención na valoración dos danos causados polo temporal no sector forestal e nos proxectos para a súa recuperación.


O acordo de deslinde posibilita os distintos aproveitamentos forestais

Asinado un acordo histórico de avinza por deslinde entre 5 comunidades de montes do Corgo e Castroverde

Institucional 23/02/2009
  Envía a túa opinión

O programa Onda Rural tentou rachar con dous tópicos ou ideas preconcibidas do rural galego. Un deles, ese que fala das continuas liortas polos marcos das fincas, rómpese coa sinatura histórica dun acordo de avinza por deslinde entre 5 comunidades de montes dos concellos do Corgo e Castroverde. O segundo ten que ver con que as oliveiras son un cultivo exclusivo do sur da Península, afirmación que se contradixo coa información da nova liña de axudas da Consellería do Medio Rural e co relato dos pasos pioneiros xa dados nesa dirección.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros