Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Programas > Sonsdenós

Información do programa Novas do programa

Catarina fusiona a música de Pernambuco cos ritmos de New Orleans

Catarina dos Santos presenta o seu primeiro CD en Lisboa

Cultura 24/07/2009
  Envía a túa opinión

Un impresionante curriculum presenta Catarina dos Santos. A música de Cabo Verde, Angola, Brasil e Portugal mistúranse coas experiencias de jazz e coa aprendizaxe nos Estados Unidos. O seu primeiro traballo discográfico apreséntase ás 22,30 desta noite na Fábrica do Braço de Prata en Lisboa. (Rúa da Fabrica de Material de Guerra,1)


São Vicente en Cabo Verde

Queren potenciar o portugués no mundo

Cultura 21/07/2009
  Envía a túa opinión

Os xefes da diplomacia dos 8 Estados membros da Comunidade dos Paises de Lingua Portuguesa (CPLP) reunense hoxe en sesión plenaria na cidade de Praia (Cabo Verde) e aprobarán unha refundación do Instituto Internacional de Lingua Portuguesa. Pretenden reformar a visión estratéxica da entidade e revisar tamén o seu orzamento e funcinamento.


A tenda de Cristiano Ronaldo en Funchal

Boutique CR7: elemento de atracción turística no Funchal

Sociedade 19/07/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Antes ian portugueses e ingleses. Pero agora tamén os españois visitan a tenda de CR7 en Funchal na illa de Madeira. A boutique abre as súas portas na zona turística da cidade (entre Punta da Cruz e Praia Formosa) xa na saida cara a vila pescadora de Cámara de Lobos. O establecemento abreu en abril do 2007, pero a fichaxe de Cristiano Ronaldo polo Real Madrid, a súa conversión nun boom mediático cada vez máis importante, disparou o número de visitas.


O Festival Internacional de Vila do Conde rematará este domingo

O Teatro Principal de Compostela acolle unha mostra de curtas portuguesas que participan no Festival Internacional de Curtas de Vila do Conde

Cultura 08/07/2009
  Envía a túa opinión

Os autores das obras estarán presentes na mostra xunto con todo o público que queira acudir o vindeiro domingo 12 de xullo, a partir das 18 horas, ao Teatro Principal de Santiago de Compostela. As obras seleccionadas son algunhas das máis destacadas que están a participar estes días na 17ª edición do Festival Internacional de Cinema de Curtas de Vila do Conde, unha cidade do distrito do Porto a só uns 200 quilómetros de Compostela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros