Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Zapatero podería confirmar hoxe a remodelación do goberno

Zapatero ultima unha ampla remodelación do goberno

Sociedade 20/10/2010
  Envía a túa opinión

As páxinas web de El Pais e de El Mundo anuncian esta mañá unha inminente remodelación do goberno. Apúntase a Valeriano Gómez como o sustituto de Celestino Corbacho ao fronte da carteira de Traballo. Ademáis Pérez Rubalcava sustituie a Teresa Fernández de la Vega, na vicepresidencia primeira do Goberno e como portavoz do executivo.


Castelao pronunciando un discurso

A alborada gloriosa de Castelo segue vixente

Sociedade 25/07/2010
  Envía a túa opinión

As conmemoracións civís do 25 de xullo sucédense dende hai case un século con moitos atrancos polo medio. O silencio imposto polo réxime franquista exiliou a exaltación nacionalista. Non obstante, un dos episodios máis significativos desta historia de celebración naceu deses obstáculos. O Centro Galego de Bos Aires festexou o Día de Galicia en 1948 co que sería o último discurso en público e colofón das páxinas que Castelao escribiu para debuxar o país. Trátase de Alba de Groria, un texto que nunca perde actualidade. Mesmo foi obxecto de polémica durante a presente lexislatura pola deturpación que do mesmo fixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao citalo nun debate parlamentario. Por motivos non esclarecidos, Feijóo recuperou o Alba de Groria nunha tradución ao castelán feita por Blanco Amor, o que motivou as queixas da oposición, tal é a importancia que se lle atribue a este último discurso do rianxeiro.


Co adeus de chuza e vieiros, duas portas se pechan para o galego

Dia negro para o galego en Internet

Sociedade 24/07/2010
  Envía a túa opinión

A Internet en galego está hoxe, 24 de xullo do 2010, de loito. Nesta xornada anuncian o seu peche dous dos sitios web máis emblemáticos e pioneiros da blogosfera galaica. Tanto Vieiros como chuza coinciden neste dia en despedirse dos seus moitos seguidores. Os internautas en lingua galega quedamos desde hoxe un pouco máis orfos.


O Apollo e o Soyuz acopláronse no espazo en xullo de 1975

A cooperación ruso-norteamericana no espazo

Sociedade 18/07/2010
  Envía a túa opinión

En xullo de 1975 os EEUU e a URSS comezaron o proxecto Apolo -Soyuz, primeira experiencia de colaboración no espazo despois de anos nos que a guerra fría tamén alcanzaba á carreira espacial. Era unha iniciativa insólita para a época e non se volvería a repetir ata a desaparición da Unión Soviética. En España ainda se vivía na dictadura de Francisco Franco, mentras se miraba con envexa ao Portugal libre da revolución de abril.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros