Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Máis cartos que Florentino? Podes xuralo

“Equipo de investigación: Multimillonarios” (Antena 3, 00:15 h.)

Sociedade 16/03/2012
  Envía a túa opinión

Dende que o lin un día nunha revista, xa non o podo esquecer. Por mor dunha investigación policial tiveron que exhumar o cadáver a medio corromper da vedette francesa Lolo Ferrari. Alí, baixo terra, estaba o corpo en descomposición agás polos seus peitos de tres quilos de peso, os máis grandes do mundo, aínda desafiantes en toda a vizosa exuberancia da silicona non biodegradable. Nunca se representou mellor a traxedia do postizo. Velaí un síntoma da tolerancia ás inxeccións artificiais que desenvolvemos dende que aceptamos que neste mundo o diñeiro é un valor absoluto: sexa para o que for, canto máis mellor. Se é para poñerse unha manolas descomunais, ok. Se é para fichar aos mellores futbolistas do mundo para o equipo do noso barrio, tamén ok. Se de Carballo a Sidney xa case non se pode mercar outra roupa que non sexa a de Inditex, porque non deixar que pase o mesmo cos nosos clubs amados? Foi así, a golpe de presentación estelar de mediapuntas, como España asumiu o mundo musulmán como non o facía dende os tempos de Almanzor.


Como che vai, Greg?

“House” (Cuatro, 22:30 h.)

Cultura 15/03/2012
  Envía a túa opinión

A amizade ten que ser outra cousa que premer disciplinadamente que che gusta toda canta nimiedade fai e despois conta en Facebook un coñecido teu. Que si, que está ben que se acorden dun, pero as cousas que máis se gozan non terían que estar suxeitas a disciplina. Ninguén debera contrariarse porque os seus non lle revisen de forma cotiá o relato dixital das súas aventuras. O que verdadeiramente tería que importar sería que no reencontro, pasase o tempo que pasase, as risas e a confianza fluísen como o primeiro día por moito que os amigos leven tempo separados. Póñome nostálxico porque eu son lacazán no trato social e por moito que lle queira á xente fáltame algo de planificación para darlles un agarimo de cando en vez, sen deixar que a cousa arrefríe. E mira ti que eu lle tiña aprecio a Gregory House, pero o pobre do coxo leva tempo sen saber de min. 


Roubar, pero “de bien”

“Comando Actualidad: ¡Al ladrón!” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 14/03/2012
  Envía a túa opinión

A min gústame a novela decimonónica, esa que transcorre en salóns da alta sociedade. Xa que logo, crieime na fe das boas maneiras. Chámame antigo e dáme pan, porque prefiro ser demodé que maleducado. Penso que mantendo as formas chégase moito máis lonxe. Por exemplo, para roubar. Padecer un asalto é unha fatalidade, pero o trauma posterior da vítima depende nunha parte importantísima da discreción e cerimonia do ladrón.


Fisgón Club

“Cine: ¿Hacemos una porno?” (La Sexta, 22:25 h.)

Cultura 13/03/2012
  Envía a túa opinión

Non faltan á verdade os que proclaman que a paixón sexual non pode verse limitada polos marcos da razón. O sexo non ten cancelas e é o motor máis poderoso da vontade humana, o mesmo que permite saltar muros dacabalo dunha montura chamada desexo. Por exemplo, a ninguén se lle ocorre rodar unha secuela da “Guerra das Galaxias” cun orzamento doméstico, substituíndo as naves espaciais por vasos de iogur. Ninguén roda “Ben-Hur” cun triciclo tirado por un cadelo. Non se fan esas cousas porque existe o convencemento de que as capacidades particulares non son as mesmas da poderosa industria. Porén, hai un xénero cinematográfico no que esas barreiras non arredan a ninguén: o porno. Nin a falla de silicona, nin de centímetros, nin de músculos, nin tampouco os excesos de quilos e pelo impediron a ninguén gravar todo o seu repertorio de ximnasia corpo a corpo, xa non para gozo privado, senón tamén para distribución pública. A videoteca do Fisgón Club que causou furor na España dos 90, máis ou menos polo mesmo tempo no que Pamela Anderson e Tommy Lee se exhibían intimamente, acredita esa canteira inesgotable de cineastas eróticos. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros