Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O Concello de Abaín celebra este sábado Expogrelo

Galicia vive unha fin de semana de exaltación do grelo

Sociedade 20/02/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Nesta fin de semana de entroido os grelos estarán presentes en moitas mesas e protagonizan ademais varias citas festivas do calendario gastronómico. O programa Onda Rural centrou a súa atención neste produto da nosa horta e coñeceu de primeira man as propostas do Expogrelo de Abadín e da Festa do Grelo das Pontes.


O selo de calidade Castaña de Galicia pode comercializarse xa a nivel estatal

A outorgamento do selo de calidade Castaña de Galicia abre as portas para a profesionalización do sector

Sociedade 19/02/2009
  Envía a túa opinión

A castaña, ese alimento tradicional de subsistencia en Galicia, converteuse nos últimos anos nun produto de alta cociña. Agora, vénse de dar un novo paso para o seu recoñecemento coa publicación no Diario Oficial de Galicia do regulamento da IXP Castaña de Galicia. Este trámite permite a comercialización deste produto coa Indicación Xeográfica Protexida dentro do mercado estatal, á espera de que a Unión Europea a inclúa no rexistro comunitario de denominacións de calidade. Para abordar este asunto, o programa Onda Rural abriu os seus micrófonos para o presidente do Consello Regulador provisional da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá.



O conselleiro do Medio Rural e o presidente da IXP presentaron o informe de 2008

Ternera Gallega esquiva a crise e mantén o seu ritmo de crecemento

Sociedade 18/02/2009
  Envía a túa opinión

Cun incremento da facturación do 3% e do número de explotacións do 5% pechou o 2008 a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, unhas cifras que chaman a atención nestes tempos de crise económica. O programa Onda Rural centrouse en desvelar cal é o segredo desta marca de calidade para seguir medrando en contra das tendencias de mercado. As respostas a esa cuestión ofreceunas o presidente da IXP, Jesús González Vázquez.


As xornadas desenvolveranse durante un mes en Mondoñedo

A Mariña lucense debate sobre o presente e o futuro da produción hortícola

Sociedade 17/02/2009
  Envía a túa opinión

Arrincan en Mondoñedo as Xornadas Abertas de Formación sobre a Horta postas en marchas polo Sindicato Labrego Galego. Durante un mes celebraranse diversas conferencias e mesas redondas e o programa culminará os días 19 e 20 de marzo cunha viaxe para coñecer o traballo dos produtores de Navarra. O espazo radiofónico Onda Rural achegouse a estas xornadas formativas e informou sobre unha orde de axudas dirixida ás organizacións profesionais agrarias.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros