Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Sonsdenós

Información do programa Novas do programa

A décima edición deste festival de teatro remata o vindeiro 5 de xullo

Continúa o Festival Mimarte en Braga coa adaptación dun clásico da comedia

Cultura 30/06/2009
  Envía a túa opinión

A compañía "Teatro Ao Largo", de Vila Nova de Milfontes, trae hoxe a Braga o espectáculo "As Xusticieiras", adaptación do clásico grego de Aristófanes "As Mulleres da Asemblea". Con esta obra en clave de comedia, que pón de relevo temáticas como a paridade, a igualdade ou a corrupción, continúa esta décima edición do Festival de Teatro de Braga, que será clausurado o vindeiro 5 de xullo.


A obra está representada por Guida Maria, Ana Brito e Cunha e Sao José Correia

Os 'Monólogos da Vaxina' regresan mañá ao Teatro Circo de Braga

Cultura 25/06/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Guida Maria, São José Correia e Ana Brito e Cunha presentan esta creación de Eve Ensler mañá sábado, 26 de setembro, a partir das dez da noite. As entradas están xa esgotadas, polo que está garantida a afluencia dun público espectante por presenciar de novo esta obra, representada xa en máis de cen países de todo o mundo.


O festival celebra a súa décima edición

O grupo de teatro de Montemuro abre o Festival de Teatro de Braga

Cultura 25/06/2009
  Envía a túa opinión

“Presos Por Uma Corrente de Ar” é a comedia que o Teatro Regional da Serra de Montemuro trae este venres á apertura da décima edición do Mimarte 2009 - Festival de Teatro de Braga, organizado por Cultura do Concello de Braga que se prolongará, ininterrumpidamente, ata o vindeiro 5 de xullo.


O FEST celebra a súa edición máis numerosa en canto a participantes

Persoeiros do cine de todo o mundo reúnense estes días en Espinho

Cultura 22/06/2009
  Envía a túa opinión

O Festival Internacional de Cinema Joven, que deu comezo onte, vai congregar durante esta semana a creadores de cine e afeccionados de todo o mundo na localidade portuguesa de Espinho, a 27 Km ao suroreste de Porto. 120 participantes de 30 países comparten obradoiros de traballo e clases a cargo de expertos da industria cinematográfica ata a clausura do evento, o vindeiro sábado 27 de xuño.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros