Envía a túa opinión
Son as palabras do técnico do Racing de Ferrol, Luisito, verquidas esta mañá nos micrófonos de Radiofusión. O adestrador destacou a labor do canteirán de 19 anos, Juan Martínez, quen deu un recital de bó fútbol onte en Lugo e “reflicte o que ten que ser o xogo do equipo verde. Un exemplo de superación e de actitude á hora de defender a camiseta do Racing que deben ter en conta os compañeiros”. Tras a victoria no derby galego o obxectivo marcado por Luisito é a procura da salvación directa polo que “hai que morrer no intento e só vale gañar, gañar e outra vez gañar”.
Envía a túa opinión
Tras o descanso vacacional a vindeira fin de semana retómase a liga da segunda autonómica de fútbol cando restan cinco xornadas para o remate do campionato. O Perlío lidera a clasificación, un posto prácticamente intocable para o resto dos equipos agás para o segundo na táboa, o Maniños, pois si os dos Pinares sufren un esvaron o baixan a guardia e os do Maniños siguen a súa racha de victorias poden facer tambalear o reinado dos de Tito Dopico. Matemáticamente hai posibilidades pero o paseo triunfal do Perlío fai albergar poucas esperanzas aos seus rivais.
Envía a túa opinión
Un golazo de Rubén Pérez (76´) permitiu que saise o sol esta tarde no estadio da Malata. O mesmo Rubén Pérez deu o pase para que rematara Carlos no minuto 87 e lograra o tanto que deixou en 2 a 0 o resultado final do partido contra o Lugo. Os ferroláns colócanse agora con 33 puntos e teñen ainda oportunidades de salvar a categoría na Segunda B do fútbol. Faltan 6 xornadas e o Racing necesita 13 puntos para manterse.
Envía a túa opinión
Unha nova sesión de adestramento realizou esta mañá o Racing de Ferrol na Malata. O equipo prepara o crucial encontro que mañá domingo xogará diante do Lugo no estadio ferrolán. O conxunto verde necesita un calafate que limpe o casco e encha os forros do equipo da cidade das murallas con brea e chapapote, metendo espartos con ferros e mazas.