Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Participantes de Special Olympics nos Mundiais de Inverno

Sete esquiadores galegos de Special Olympics fanse con nove medallas nos Campionatos Mundiais de Inverno

Deportes 03/03/2009
  Envía a túa opinión

Estados Unidos vén de acoller os Campionatos Mundiais de Inverno organizados por Special Olympics e ata alí achegáronse sete esquiadores galegos das asociacións Aspnais de Lugo e Aspas de Compostela. En total, acadaron nove medallas: cinco de ouro, dúas de prata e dúas de bronce. Os ouros foron para Vanesa Gómez, que repetiu podio, ao gañar os 100 e 200 metros de esquí con raquetas e o slálom xigante; Alejandra Belén Quintero, no superxigante; Sergio Dacal en esquí con raquetas; e Goreti Reigosa no xigante de slálom. As pratas foron para Laura Barreiro, en esquí con raquetas; e Goreti Reigosa, no superxigante. Por último, os bronces leváronos novamente Alejandra Belén Quintero, no slálom xigante; e o equipo de relevo 4x100 de esquí con raquetas, encabezado por Juan Carlos Sánchez.


María Jesús Gestido en 2008

María Jesús Gestido, campioa de España de maratón, xa pensa en Londres 2012

Deportes 02/03/2009
  Envía a túa opinión

A atleta galega, María Jesús Gestido, proclamouse campioa de España de maratón na capital andaluza. A de Cangas, gañadora de San Sebastián 2008, foi a primeira española en cruzar a liña de meta do XXV Maratón Ciudad de Sevilla. A atleta acadou ademais nesta proba a segunda mellor marca estatal da tempada, cun gran rexistro de 2.40.26.


Práctica do bodyboard

O bodyboard non só é cousa dos hawaianos, senón tamén dos galegos

Deportes 27/02/2009
  Envía a túa opinión

O bodyboard é un deporte baseado no esvaramento sobre a superficie aínda sen romper dunha onda cunha táboa de espuma sintética de aproximadamente 1,4 metros de longo. Ademais, podemos falar de tres estilos o maneiras de deslizarse sobre a táboa: tombado, cunha perna axeonllado ou totalmente de pé. Destas tres escolas a primeira é a máis estendida e a que caracteriza a este deporte.


Open das Nacións en 2008

O remo europeo dáse cita esta fin de semana en Castrelo do Miño no III Descenso do Ribeiro

Deportes 26/02/2009
  Envía a túa opinión

O Open das Nacións - III Descenso do Ribeiro reunirá neste concello ourensán a 50 embarcacións de practicamente toda Europa, con 400 deportistas en competición. A xornada deste venres está reservada aos adestramentos oficiais. O sábado, a partir das tres da tarde terá lugar a competición de 1.000 metros. A gran novidade desta edición é que se realizarán tres tandas clasificatorias e as tripulacións con mellores tempos terán posteriormente a gran final a tempo real. O domingo, a partir das once da mañá, será a quenda do Descenso con 6.500 metros. Comezará no Balneario de Laias e a chegada situarase en Castrelo de Miño.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros